Concello da Coruña

Concello da Coruña

Persoas en situación de dependencia

  • Atención domiciliaria sociosanitaria - SAD Urxente

    Conxunto de atencións domiciliarias con carácter temporal (dun a tres meses) , orientado principalmente ao apoio na recuperación dunha convalecencia ou a situacións de enfermidade terminal.

  • Axudas económicas de apoio á mobilidade e taxis adaptados

    Axudas económicas individuais, persoais e intransferibles que se conceden a titulares dun taxi adaptado para o transporte de clientela con mobilidade reducida con discapacidade, cuxa finalidade é o mantemento e a compensación de gastos polos equipamentos adaptados ás persoas con discapacidade nos taxis.

  • Bono-taxi

    Esta prestación ten por obxecto a concesión de axudas económicas individuais a persoas con discapacidade que, por estar gravemente afectadas na súa mobilidade, teñan problemas para utilizar os transportes públicos colectivos, co obxecto de proporcionarlles un servizo de desprazamentos en taxi.

  • Información, orientación e asesoramento en materia de dependencia

    Información e asesoramento sobre os recursos e prestacións contemplados na Lei de Atención á Dependencia e Promoción da Autonomía Persoal e sobre os demais recursos e prestacións municipais orientados ás persoas maiores, discapacitadas ou con limitacións da súa autonomía persoal.

  • Servizo de Axuda a Domicilio - SAD Dependencia

    Conxunto de atencións domiciliarias, dirixidas a persoas en situación de dependencia recoñecida, co fin de atender as necesidades básicas da vida diaria e incrementar a súa autonomía, posibilitando a permanencia no domicilio.

  • Servizo de Axuda a Domicilio Básico

    Prestación dun conxunto de atencións domiciliarias con carácter personalizado, encamiñadas a reducir as limitacións para as actividades básicas da vida diaria e a socialización.

  • Servizo de Comida a domicilio

    Servizo dunha comida diaria equilibrada no domicilio para persoas con limitacións, discapacidade ou con algún tipo de deterioración física ou psíquica que lles dificulte facer a compra e preparar a comida diariamente.

  • Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

    Dispositivo que lles permite ás persoas usuarias, ante calquera situación de emerxencia e con tan só apertar un botón, comunicarse coa central, atendida por persoal especializado, para dar resposta á crise presentada.

  • Xestión de recursos e prestacións sociais en materia de dependencia

    Apoio técnico e administrativo para a tramitación do recoñecemento do grao de dependencia pola Xunta de Galicia.

resultados 9

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión