Concello da Coruña

Concello da Coruña

Unidades familiares con persoas maiores ao seu cargo (persoas de 65 ou máis anos)

  • Actividades socioculturais diarias en centros cívicos

    Actividades de lectura de prensa, xogos de mesa, televisión, estar en espazos comúns do centro.

  • Atención domiciliaria sociosanitaria - SAD Urxente

    Conxunto de atencións domiciliarias con carácter temporal (dun a tres meses) , orientado principalmente ao apoio na recuperación dunha convalecencia ou a situacións de enfermidade terminal.

  • Axudas económicas para promover o autocoidado de persoas coidadoras de persoas dependentes

    O obxecto desta convocatoria de axudas económicas é promover o benestar e o autocoidado de persoas coidadoras de persoas dependentes sufragando gastos realizados no 2022 de respiro familiar e outros destinados directamente ao benestar da persoa coidadora.

  • Información, orientación e asesoramento en materia de dependencia

    Información e asesoramento sobre os recursos e prestacións contemplados na Lei de Atención á Dependencia e Promoción da Autonomía Persoal e sobre os demais recursos e prestacións municipais orientados ás persoas maiores, discapacitadas ou con limitacións da súa autonomía persoal.

  • Servizo de Axuda a Domicilio Básico

    Prestación dun conxunto de atencións domiciliarias con carácter personalizado, encamiñadas a reducir as limitacións para as actividades básicas da vida diaria e a socialización.

  • Servizo de Teleasistencia Domiciliaria

    Dispositivo que lles permite ás persoas usuarias, ante calquera situación de emerxencia e con tan só apertar un botón, comunicarse coa central, atendida por persoal especializado, para dar resposta á crise presentada.

  • Talón Restaurante Municipal

    Mediante o programa Talón Restaurante Municipal, proporciónanse menús equilibrados naqueles establecementos hostaleiros que participan no programa.

    Así, as persoas beneficiarias, obteñen un talonario mensual de entre 10 e 25 bonos, cun valor de 4,44 € ou de 6 € cada talón, aboando en metálico a cantidade restante para completar o prezo do menú.

  • Turismo social

    Convocatoria de prazas gratuítas para viaxar dentro das quendas programadas polo IMSERSO.

resultados 8

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión