Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Dispositivo que lles permite ás persoas usuarias, ante calquera situación de emerxencia e con tan só apertar un botón, comunicarse coa central, atendida por persoal especializado, para dar resposta á crise presentada.
A quen vai dirixido?:
Persoas que viven ou están soas e cuxas limitacións físicas e/ou psíquicas lles impidan ou dificulten a solicitude de axuda ou aviso a familiares e servizos médicos en caso de urxencia.
Padecer patoloxías ou ter limitacións persoais polas que se encontren en situacións de especial fraxilidade ou vulnerabilidade, e que requiran a utilización de dispositivos de alarma e control.
Organiza:
A entidade prestadora de servizos sociais adxudicataria do contrato.
Requisitos:
Estar empadroado/a e residir no municipio da Coruña
Dispoñer de liña telefónica
Non padecer limitacións auditivas que impidan a utilización do servizo
Pertencer ao colectivo ao que vai dirixido
Prazo de presentación:
Durante todo o ano.
Remuneración / Custo:
A Teleasistencia Domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrompida que consta dunha unidade de alarma (medallón ou pulseira) que leva a persoa, un terminal telefónico e unha central informatizada, receptora de chamadas, situada no centro de atención.
Está activo as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Máis información:
Para acceder a esta prestación debe:
Acudir sen cita previa á oficina municipal de dependencia, maiores e discapacidade para recibir asesoramento sobre a idoneidade desta prestación
Presentar solicitude do servizo coa correspondente documentación
Entrevista domiciliaria de valoración con persoal técnico municipal e que se concertará previamente vía telefónica
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible