Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de valoración, orientación e información en materia social - SIVO
Obxecto:
Facilitar información e garantir o dereito de acceso universal ao sistema galego de servizos sociais a todas as persoas.
Estudar, valorar e avaliar as situacións de necesidade dando acceso e xestionando os recursos propios do sistema de servizos sociais, así como dirixir e orientar, se é o caso, as demandas a outros recursos específicos ou especializados.
A quen vai dirixido?:
Persoas e familias residentes no termo municipal da Coruña
Recursos materiais:
Cinco equipos municipais de atención social (EAS):
San Diego, Labañou, Monte Alto, Os Mallos e Elviña
Disposición dos requisitos materiais establecidos no art. 7.1 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo:
Espazos separados que permiten a privacidade nas entrevistas e reunións necesarias para a intervención social individualizada
Espazos de reunións grupais
Atención adaptada para persoas con mobilidade reducida
Conexión telefónica e rede de Internet
Medios e dispositivos para o arquivo e custodia dos expedientes de acordo cos requisitos de confidencialidade da normativa de aplicación sobre protección de datos de carácter persoal
Recursos humanos:
Traballadoras sociais en cada equipo de atención social (EAS)
Persoal de atención á cidadanía en cada equipo de atención social (EAS)
Directora e coordinadora do programa
Requisitos:
Empadroamento e/ou residencia no termo municipal da Coruña
Máis información:
- Referencia normativa:
Funcións: arts. 8.d), 8.g) e 8.i) do Decreto 99/2012, do 16 de marzo
Programa/servizo: art. 9.1.a) do Decreto 99/2012, do 16 de marzo
Natureza e contido: arts. 11 e 12 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo
- Referencia Catálogo de Servizos Sociais:
Prestación de Servizos 1.1. Información, orientación, asesoramento, diagnóstico e valoración
Conxunto de atencións de carácter informativo e de intervención social, dirixidas á poboación en xeral e a sectores con necesidades especificas, sobre prestacións e servizos do Sistema Público de Servizos Sociais e doutros sistemas de protección social: seguridade social, vivenda, educación, saúde, emprego, administración civil e de xustiza etc.
Información do seu interese
Este programa/servizo ofrece a primeira atención aos cidadáns e ás cidadás a través da axuda profesional que prestan as traballadoras sociais.
A atención iníciase cunha consulta ou unha demanda de cada persoa no Equipo Municipal de Atención Social (EAS) máis próximo ao seu domicilio. Esta atención é individual ou familiar e ten como finalidade escoitar e analizar a súa demanda, as súas necesidades sociais e mobilizar os recursos dispoñibles máis adecuados a cada situación ou problemática social.
Toda a información é persoal e /ou familiar e garántese a privacidade, o respecto á intimidade e á capacidade de decisión de cada persoa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible