Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Elaboración de Estratexia DUSI

Elaboración dunha Estratexia DUSI para a Área Metropolitana da Coruña

Finalizado o prazo da primeira convocatoria das Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI), constátase un excelente clima de entendemento e un explícito desexo de traballo en colaboración e estreita cooperación.

Débese valorar a importancia de que se visualizase esa capacidade de cooperación e colaboración baseándose na preparación dunha estratexia DUSI conxunta, que permita á Área Metropolitana da Coruña (AMAC) articular un proxecto común de desenvolvemento metropolitano.

Derivado da dispoñibilidade da existencia dunha Estratexia DUSI, a AMAC tería un conxunto de proxectos que situaría a área fronte á posibilidade de formalizar diversas candidaturas a convocatorias de múltiples fondos de financiamento: FEDER, FSE, IDAE, Horizon 2020 etc., fondos e subvencións da Administración Xeral do Estado, da Xunta de Galicia e/ou da Deputación Provincial.

Obxectivos de acción mancomunada

  • A construción metropolitana require unha estratexia consensuada e compartida; require proxectos en común, exemplos nos que a cidadanía participe activamente e visualice como se alcanzan acordos políticos de medio e longo prazo (mesmo máis aló dos mandatos corporativos).
  • A dispoñibilidade dunha estratexia DUSI é un obxectivo en si mesmo se existe a vontade de conseguila e de executala.
  • Unha resultante, nun curto prazo, podería ser presentar un "Proxecto Integral de Rexeneración Urbana da contorna litoral da Área Metropolitana da Coruña". Ese extraordinario patrimonio esténdese ao longo de Betanzos-Bergondo-Sada (na ría de Betanzos-Sada) a Oleiros-Cambre-Culleredo-A Coruña (á ribeira da ría do Burgo) ata Arteixo (unindo Bens e Sabón), podería ser o obxectivo principal dun novo traballo colectivo cuxos beneficiarios son os máis de 417.000 cidadáns e cidadás da Coruña e a súa área metropolitana. Os concellos do interior tamén poderán ter perfecta cabida nesta estratexia, integrando actuacións vinculadas á "Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e as Terras do Mandeo" e ao desenvolvemento de Carral.

Plan de acción

  • Elaboración proxecto EDUSI Metropolitana.
  • Elaboración dun proxecto fundamentado en elementos de rexeneración: zonas verdes, culminar e enlazar paseos litorais, culminar o carril bici metropolitano e rexenerar, con criterios de calidade urbanística, espazos públicos en todas as zonas máis próximas á liña litoral. Cada concello definiría as actuacións no seu propio ámbito territorial e trataríase de darlles coherencia no marco dunha actuación de carácter conxunto a través das formulacións da EDUSI Metropolitana.

Calendario proposto

Elaboración proxecto EDUSI Metropolitana. Xullo 2016

Actas

Acta da reunión do 19 de maio de 2016

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión