Con guión e dirección de Pont Flotant (Àlex Cantó, Joan Collado, Jesús Muñoz e Pau Pons).
Para público en general
From o 26/05/2023 to o 27/05/2023
It has already ended
20.30 h
80 minutos
Rosalía de Castro Theatre. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18,00 €; 14,00 €; 11,00 €; 8,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
O aire vólvese frío e o ceo empeza a escurecer. Din que algúns cans ouvean e que as abellas se amontoan colapsando a entrada das súas colmeas. Algúns paxaros voan confusos. O tempo para. Todo está en silencio. Todo é escuro. Todo suspendido... sen saber que ocorrerá... coa sensación de que poderiamos permanecer sempre nesta noite infinita... Pero uns segundos máis tarde, quizais uns minutos, ou poderían ser anos, xeracións, milenios ou eóns de existencia, o día chega de novo. Unha profunda emoción invádenos e sentimos o privilexio de sermos testemuñas dun feito incomprensible. Asistimos ao ensaio xeral dun posible final.
Con: Àlex Cantó e Jesús Muñoz
Produción de Pont Flotant e Rambleta
Duración estimada: 80 minutos
*Venda de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
Venda en liña: Ataquilla.com
* Programación para persoas adultas, idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.