Ricardo Seixo presentará o seu poemario No celeiro dos versos xunto con Xosé García Alfonso, autor das fotografías que ilustran o libro, e o trío musical Maraxe.
Para público en general
21/11/2024
It has already ended
19:30 h
70 minutos
Centro Sociocultural Ágora. Location Gramela 17. 15010 A Coruña
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra".
agra@galizacultura.gal
O libro, prologado por Pilar García Negro, foi editado pola nosa asociación con axuda da Deputación da Coruña. Ricardo Seixo Fernández (A Coruña-Curtis, 1950), xubilado do ensino -profesión que exerceu durante corenta anos-, dedica o seu tempo a facer activismo social a través da POESÍA, da MÚSICA e de partillar DIFERENTES ACTIVIDADES na Asociación Veciñal AGRA (barrio da Agra do Orzán na Coruña), na Eira da Xoana e polo país adiante nas presentacións dos libros e mediante calquera outro encontro en que a oportunidade de falar da Galiza así o requirir. O denominador común dos seus poemas é a Galiza, a súa cultura e a problemática social que os seres humanos, en xeral, e os galegos e as galegas, en particular, viven cada día.
Cada un dos seus poemarios pretende ser unha chamada a tomar conciencia de que da acción colectiva depende a posibilidade de mellorar ou mudar o modelo de convivencia. Só a través do compromiso social colectivo se pode ser quen de construír unha outra realidade máis igualitaria e máis xusta. Neste celeiro homenaxea persoas que, desde a poesía, dedicaron e dedican horas e horas a faceren grande a nosa cultura a través dos versos, da lingua e do seu compromiso cunha sociedade que precisa de se sentir importante e de se querer. Xosé García Alfonso (A Coruña , 1954) viviu a infancia no rural barrio da Silva, a adolescencia na barriada proletaria das "Casas de Franco", os estudos no Instituto Masculino e no da Agra, na Escola Normal...Di da súa colaboración neste poemario: "As fotos deste "Celeiro dos versos" que acompañan algúns dos textos sempre combativos e comprometidos do amigo Ricardo Seixo, tentan darlle un apoio expresivo e estético que non precisan."
Algunhas das participantes na actividade "Gosto de vivir a poesía", coordinada por Ricardo Seixo, farán unha lectura dunha escolma deste poemario. O acto rematara cunha intervención musical do trío musical Maraxe. como todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.