Concello da Coruña

Concello da Coruña

Claridade na xestión

idea 5

Calquera Administración ten a obriga de informar a cidadanía de todas aquelas actuacións que teñan que ver coas actuacións municipais.

E non só para coñecer como se xestiona o diñeiro público, que xa ten a súa sección propia neste portal, senón tamén para coñecer outro tipo de relacións que pode manter con distintas entidades, empresas, institucións..., destinatarias moitas veces de fondos municipais co obxecto de que as súas actividades, estudos, obras... repercutan na cidade.

Para entender o que logo diseccionamos en cada sección, ofrecémosche unha breve descrición das diferenzas existentes entre as principais xestións non directas que un concello (ou calquera outra Administración) pode levar a cabo.

Diferenzas entre convenio, contrato, subvención e encomenda de xestión

  • Convenio: a súa finalidade é o traslado de recursos públicos entre entidades públicas. Ningunha das partes terá interese patrimonial, é dicir, ánimo de lucro. Os intereses das partes son públicos e o beneficiario sempre será a comunidade. Xeralmente, non van precedidos de proceso de selección porque se trata de priorizar necesidades para destinar recursos comúns en orde a un fin público.
  • Contratos: consiste en desenvolver unha actividade singular e específica que forma parte do tráfico mercantil. Existe interese patrimonial, ou sexa, ánimo de lucro, polo que o contratista tratará de buscar un beneficio. Réxese por un proceso de selección cuxas características determina unha disposición legal.
  • Subvención: neste caso a diferenza fundamentalmente a marca a identificación do "promotor" da actividade. A Administración normalmente realiza unha actividade de servizo público, que é unha actividade de prestación. Pero tamén pode realizar unha actividade de fomento de actividades que satisfán necesidades públicas ou que se consideran de interese público, é dicir, incentiva, protexe, promove ou estimula a actividade dos particulares ou doutras administracións públicas, converténdose entón nos promotores desa actividade incentivada. Ex.: as subvencións que lles concede un concello ás asociacións veciñais ou deportivas para desenvolver as súas propias actividades. Os fondos recibidos posteriormente deberanse xustificar claramente para verificar o custo real e garantir o destino deses fondos públicos.
  • Encomenda de xestión: é unha técnica utilizada polas administracións públicas (neste caso, un concello) e polo tanto reguladas polo dereito administrativo, que permiten "trasladar" ou "encomendar" unha potestade concreta (ex.: realización de actividades de carácter físico, material ou técnico) a outro órgano distinto, que debe responder a razóns de eficacia, é dicir, debe ser consecuencia da falta de medios técnicos idóneos do propio concello para a realización da actividade en cuestión.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión