Todas as administracións públicas réxense, no relativo á contratación con terceiros, segundo as diferentes modalidades e tipos de contratos existentes, pola Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, publicada no BOE núm. 272 do 09/11/2017
Recóllense a continuación aqueles apartados que consideramos de maior interese:
Normativa municipal
Ademais da indicada lei de contratación pública, de obrigado cumprimento para todas as administracións, o Concello da Coruña publicou outras instrucións en materia de contratación que poden consultarse no apartado "Normativa municipal", sección "Instrucións":
Perfil do Contratante
A súa regulación recóllese no art. 63 da Lei de Contratos do Sector Público mencionada anteriormente. Establécese co fin de asegurar a transparencia e o acceso público (vía web e de fácil acceso) á información relativa á actividade contractual da administración correspondente, podendo incluír calquera dato ou información referida aos concursos públicos (anuncios, licitacións abertas ou en curso, documentación requirida, contido dos pregos, procedementos anulados...), e outra información útil de tipo xeral (forma de contacto e horario do órgano de contratación).
Pódese acceder a esta información a través da Sede electrónica do Concello da Coruña para o caso de licitacións anteriores ao 9 de marzo de 2017.
Pode acceder á información contractual desde o 9 de marzo na Plataforma de contratación do Sector Público.
Modelos de procedementos abreviados simplificados
En aplicación da apartado "racionalización e axilización da actividade contractual" do Concello da Coruña, recollido na Instrución sobre a actividade contractual do Concello da Coruña , o servizo de Contratación elaborou tres modelos de procedementos abreviados simplificados ("sumarísimos") correspondentes aos contratos de obras, servizos e subministracións, como referencia para os seus futuros procedementos de contratación.
Estes modelos foron ratificados pola XGL en sesión extraordinaria e urxente de 7 de febreiro de 2020:
Mesa de Contratación
Regúlase o seu funcionamento e composición na lei estatal de contratos (art. 326 e Disposición Adicional segunda, apdo. 7). Esta Mesa de Contratación será o órgano competente para a valoración das ofertas presentadas aos concursos licitados e é de existencia obrigatoria.
Estará constituída por unha Presidencia, as vogalías que se determinen, e unha Secretaría designada entre o persoal funcionario. A súa composición permanente para o mandato 2023-2027 é a seguinte:
Características:
Publicación mensual da formalización de contratos
Segundo o establecido no art. 154.1 da Lei de Contratos, pode acceder á información sobre contratos formalizados desde o 9 de marzo de 2018 na plataforma de contratación do Sector Público, e tamén desde a páxina de Contratos formalizados
Publicación dos contratos menores
Para cumprir co establecido, fanse públicos os contratos menores formalizados por este Concello.
Actas Mesas de Contratación
Para cumprir co establecido, publícanse as Actas da mesa de contratación
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible