Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria subvencións á conservación, mellora da eficiencia enerxética e accesibilidade en edificios de vivendas 2023

Ano:

2023

Tipo:

En concurrencia

Inscricións:

Dende o 10/02/2023 ata o 10/04/2023

Fecha de publicación:

9 de febreiro de 2023

Obxecto:

O financiamento das obras de conservación e rehabilitación de edificios de vivendas descritas nos epígrafes 1, 2.a, 2.b, 2.c e 6 do artigo 7 da Ordenanza Municipal Reguladora, a condición de que se xustifique adecuadamente alcanzar os obxectivos mínimos establecidos para cada unha delas:

A quen vai dirixido?:

Quen cumpra os requisitos establecidos no artigo 4º da Ordenanza municipal reguladora, e estean ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, así como non ter débedas co Concello da Coruña, tanto no momento de formular a solicitude da axuda, como con anterioridade a ditarse a/s proposta/s de resolución para a súa concesión e/ou aboamento.

Remuneración / Custo:

Ao financiamento destas axudas destinaranse 5.300.000,00 €, con cargo ás aplicacións orzamentarias 30.1522.78001 e 30.1522.78004 do orzamento municipal dos anos 2023 e 2024, e condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión, coa seguinte repartición:

Ano 2023 Ano 2024
30.1522.78001 Rehabilitación de vivendas 1.200.000,00 € 1.200.000,00 €
30.1522.78004 Accesibilidade 1.450.000,00 € 1.450.000,00 €
TOTAL 2.650.000,00 € 2.650.000,00 €

Con cargo á aplicación 30.1522.78004 fináncianse as actuacións correspondentes cos epígrafes 2.2.a) (1.330.000,00 € no ano 2023 e 1.330.000,00 € no ano 2024) e 2.2.b) e 2.2.c) (120.000,00 € no ano 2023 e 120.000,00 € no ano 2024).

O importe máximo das axudas establecerase segundo o establecido no artigo 8º da Ordenanza Municipal Reguladora.

Abono:

O prazo para presentar a documentación xustificativa da execución e aboamento das obras é de 15 días hábiles a contar desde a finalización da obra obxecto da subvención, fixada na resolución de concesión da subvención.

En todos os casos, as obras para as que solicite axuda deberán estar finalizadas antes do 1 de outubro de 2024.

Resolución:

EXTRACTO-bop.pdf (132 KB)

Bases da convocatoria:

aprobacion-definitiva-de-la-modificacion-de-la-Ordenanza-de-Subvenciones-a-la-Rehabilitacion.pdf (177 KB)

Documentos:

modelos-convocatoria.zip (366 KB)

Instrución para a emisión de informes técnicos (177 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión