Instrución da Xunta de Goberno Local 1/2020, sobre tramitación de espectáculos públicos e actividades recreativas e comerciais en espazos públicos a iniciativa particular no Concello da Coruña, aprobada pola Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 16 de decembro de 2020.
16 de decembro de 2020
22 de decembro de 2020
Instrución da Xunta de Goberno Local 1/2020, sobre tramitación de espectáculos públicos e actividades recreativas e comerciais en espazos públicos a iniciativa particular no Concello da Coruña
A dificultade xurdida na tramitación e resolución das solicitudes de autorización de eventos en espazos públicos (p.e. Festa da cervexa artesá, "bollu preñao", Coruñam, Festa da familia....), posta de manifesto polas áreas de Emprego e Comercio, Servizos Sociais, Urbanismo e Mobilidade, Cultura e Seguridade Cidadá, evidencia a necesidade de establecer unha tramitación administrativa unificada e simplificada para todos os servizos municipais, que determine claramente atribucións e que axilice a resolución dos procedementos, como así propuxeron as áreas referidas.
Regula a tramitación de autorizacións de ocupación de espazo público para espectáculos públicos ou actividades recreativas ou comerciais en espazos públicos que non foron obxecto dun procedemento de concorrencia competitiva.
A tramitación corresponderalle ao servizo/departamento municipal que se determinará en función da vinculación da actividade/espectáculo programado cos intereses de cada área de goberno, para o que se requirirá, en todo caso, como requisito indispensable dun informe declarando o interese municipal.
Instrución de actividades e espectáculos en dominio público (2 MB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible