Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local (XGL) é o órgano que, baixo a presidencia da Alcaldía, colabora de forma colexiada na función de dirección política que lle corresponde, e exerce as funcións executivas e administrativas que se sinalan no artigo 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ademais, este órgano regúlase nos artigos 104 ao 107 do Regulamento orgánico municipal .

Por Decreto da Alcaldía 3616/2024 , do 24 de xuño de 2024, estableceuse a composición da Xunta de Goberno Local para o mandato municipal 2023-2027, as tenencias de Alcaldía e o seu réxime de sesións.

Composición

Presidencia:  Sra. D.ª Inés Rey García , alcaldesa

  • D. José Manuel Lage Tuñas
  • D.ª Nereida María Canosa Domínguez
  • D.ª Eudoxia María Neira Fernández
  • D. Gonzalo Henrique Castro Prado
  • D.ª Noemí Díaz Vázquez
  • D. Francisco Dinís Díaz Gallego

A persoa titular da Secretaría da Xunta de Goberno Local é o  Sr. D. José Manuel Lage Tuñas , actuando como suplente a Sra. Dª. Nereida María Canosa Domínguez e, na súa ausencia,  Sra. Dª. Eudoxia Neira Fernández

Tenencias da Alcaldía

En virtude do Decreto da Alcaldía 3616/2024, do 24 de xuño de 2024, foron nomeados tenentes e tenentas de alcaldesa os seguintes membros da Xunta de Goberno Local:

  • Primeiro tenente de alcaldesa: D. José Manuel Lage Tuñas
  • Segunda tenenta de alcaldesa: D.ª Nereida María Canosa Domínguez
  • Terceiro tenenta de alcaldesa: D.ª Eudoxia María Neira Fernández
  • Cuarto tenente de alcaldesa: D. Gonzalo Henrique Castro Prado
  • Quinto tenenta de alcaldesa: D.ª Noemí Díaz Vázquez
  • Sexto tenente de alcaldesa: D. Francisco Dinís Díaz Gallego

Réxime de sesións

  1. As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local terán lugar cada catorce días, os mércores, ás 10:00 horas. En segunda convocatoria, as sesións ordinarias terán lugar o seguinte día hábil á mesma hora.
  2. Cando a sesión ordinaria, tanto en primeira como en segunda convocatoria, coincida con día inhábil, terá lugar o seguinte día hábil, á mesma hora.
  3. Se coincidise coa celebración da sesión ordinaria do Pleno, a sesión da Xunta de Goberno realizarase ao día seguinte á mesma hora.
  4. A alcaldesa poderá cambiar o día e a hora das sesións, así como suspendelas.
  5. As deliberacións da Xunta de Goberno Local son secretas.
  6. A alcaldesa poderá convocar a determinadas sesións a concelleiras e concelleiros non pertencentes á Xunta de Goberno Local, así como ás persoas titulares dos órganos directivos.
  7. Entenderanse convocadas todas as sesións ordinarias coa mera remisión da orde do día polo/a concelleiro/a-secretario/a, e deberán ser convocados/as a todas as sesións ordinarias e extraordinarias, de conformidade co artigo 106 f) do ROM, o/a titular da Dirección da Asesoría Xurídica en funcións de asistencia xurídica á Xunta de Goberno Local; de ser o caso, o/a titular do órgano ao que se refire o artigo 125.1, B h), o/a interventor/a xeral e o/a oficial maior, como titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno Local e ao concelleiro/a-secretario/a.
  8. Autorízase a utilización exclusiva de medios electrónicos para a notificación das convocatorias e, cando fose posible, a posta á disposición de expedientes aos membros desta e a outros/as concelleiros/as e persoal funcionario asistente, prescindindo da notificación en papel para todos os efectos, e facúltase o/a concelleiro/a-secretario/a e a oficial maior para a execución deste acordo e para realizar os trámites de xestión procedentes, permitindo tanto o correo electrónico como calquera outro sistema de notificación e posta á disposición de expedientes que se poida implantar.

Réxime de funcionamento

As sesións da Xunta de Goberno Local axustaranse ao disposto na lexislación vixente e no artigo 106 do  Regulamento orgánico municipal .

      

Pódense consultar a ACTIVIDADE CORPORATIVA das Xuntas de Goberno Local dos últimos anos.

Próximas Xuntas de Goberno

Sen resultados.

Actividade das xuntas de Goberno

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión