Por
Decreto da Alcaldía 3616/2024
, do 24 de xuño de 2024, estableceuse a composición da Xunta de Goberno Local para o mandato municipal 2023-2027, as tenencias de Alcaldía e o seu réxime de sesións.
Composición
Presidencia:
Sra. Dª. Inés Rey García
, alcaldesa
- D. José Manuel Lage Tuñas
- D.ª Nereida María Canosa Domínguez
- D.ª Eudoxia María Neira Fernández
- D. Gonzalo Henrique Castro Prado
- D.ª Noemí Díaz Vázquez
- D. Francisco Dinís Díaz Gallego
A persoa titular da Secretaría da Xunta de Goberno Local é o
Sr. D. José Manuel Lage Tuñas
, actuando como suplente a
Sra. Dª. Nereida María Canosa Domínguez
e, na súa ausencia,
Sra. Dª. Eudoxia Neira Fernández
Tenencias da Alcaldía
En virtude do Decreto da Alcaldía 3616/2024, do 24 de xuño de 2024, foron nomeados tenentes e tenentas de alcaldesa os seguintes membros da Xunta de Goberno Local:
- Primeiro tenente de alcaldesa: D. José Manuel Lage Tuñas
- Segunda tenenta de alcaldesa: D.ª Nereida María Canosa Domínguez
- Terceiro tenenta de alcaldesa: D.ª Eudoxia María Neira Fernández
- Cuarto tenente de alcaldesa: D. Gonzalo Henrique Castro Prado
- Quinto tenenta de alcaldesa: D.ª Noemí Díaz Vázquez
- Sexto tenente de alcaldesa: D. Francisco Dinís Díaz Gallego
Réxime de sesións
- As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local terán lugar cada catorce días, os mércores, ás 10:00 horas. En segunda convocatoria, as sesións ordinarias terán lugar o seguinte día hábil á mesma hora.
- Cando a sesión ordinaria, tanto en primeira como en segunda convocatoria, coincida con día inhábil, terá lugar o seguinte día hábil, á mesma hora.
- Se coincidise coa celebración da sesión ordinaria do Pleno, a sesión da Xunta de Goberno realizarase ao día seguinte á mesma hora.
- A alcaldesa poderá cambiar o día e a hora das sesións, así como suspendelas.
- As deliberacións da Xunta de Goberno Local son secretas.
- A alcaldesa poderá convocar a determinadas sesións a concelleiras e concelleiros non pertencentes á Xunta de Goberno Local, así como ás persoas titulares dos órganos directivos.
- Entenderanse convocadas todas as sesións ordinarias coa mera remisión da orde do día polo/a concelleiro/a-secretario/a, e deberán ser convocados/as a todas as sesións ordinarias e extraordinarias, de conformidade co artigo 106 f) do ROM, o/a titular da Dirección da Asesoría Xurídica en funcións de asistencia xurídica á Xunta de Goberno Local; de ser o caso, o/a titular do órgano ao que se refire o artigo 125.1, B h), o/a interventor/a xeral e o/a oficial maior, como titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno Local e ao concelleiro/a-secretario/a.
- Autorízase a utilización exclusiva de medios electrónicos para a notificación das convocatorias e, cando fose posible, a posta á disposición de expedientes aos membros desta e a outros/as concelleiros/as e persoal funcionario asistente, prescindindo da notificación en papel para todos os efectos, e facúltase o/a concelleiro/a-secretario/a e a oficial maior para a execución deste acordo e para realizar os trámites de xestión procedentes, permitindo tanto o correo electrónico como calquera outro sistema de notificación e posta á disposición de expedientes que se poida implantar.
Réxime de funcionamento
As sesións da Xunta de Goberno Local axustaranse ao disposto na lexislación vixente e no artigo 106 do
Reglamento Orgánico Municipal
.