Desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación xestiónanse as actuacións de rehabilitación financiadas a través do programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - Next GeneretionEU nas Contornas Residenciais de Rehabilitación programada (ERRP).
Ao amparo do Acordo da Comisión Bilateral do 11.05.2023 entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o Concello da Coruña, fináncianse actuacións nas seguintes Contornas Residenciais de Rehabilitación programada:
1º. - QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?
As actuacións subvencionables con cargo ao programa serán as definidas no artigo 14 do Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro.
En síntese, son subvencionables as obras ou actuacións de mellora ou rehabilitación de edificios de uso predominantemente residencial para vivenda, incluídas as vivendas unifamiliares, nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética.
Abordará, entre outras, as seguintes actuacións:
Ademais, os edificios obxecto deste programa deberán cumprir os requisitos definidos no artigo 11 do Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro.
2º. QUEN PODE PEDIR SUBVENCIÓN?
Poderá ser beneficiario desta axuda quen asuma a responsabilidade da execución da actuación en proporción ao custo asumido por cada un.
Cando se trate de comunidades de propietarios e agrupacións de comunidades de propietarios, esta regra resultará igualmente de aplicación con independencia de que, tanto o seu importe, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias das vivendas e, no seu caso, dos locais comerciais ou campos doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.
3º. CAL É A CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS?
A contía destas axudas determinarase en función do aforro enerxético que se consiga coas actuacións, segundo os criterios de fixación de contías establecidos nas seguintes táboas:
Aforro enerxético conseguido coa actuación |
Porcentaxe máxima da subvención do custo da actuación |
Vivenda |
Locais comerciais ou outros usos |
Contía máxima da axuda por vivenda |
Contía máxima da axuda por m2 |
||
30%≤∆Cep,nren<45% |
40 |
8.100 € |
72 € |
45%≤∆Cep,nren<60% |
65 |
14.500 € |
130 € |
∆Cep,nren≥60% |
80 |
21.400 € |
192 € |
Ademais tense en conta o nivel de renda, de forma que se poderá financiar ata o 100% do investimento en función dos ingresos do IPREM das persoas solicitantes.
Para edificios de vivendas colectivas:
Ingresos en veces IPREM ponderado |
Edificio |
Axuda por vivenda en función do aforro enerxético |
||
30%≤∆Cep,nren<45% |
45%≤∆Cep,nren<60% |
∆Cep,nren≥60% |
||
Entre 2,6 e 2,1 |
% axuda |
60% |
75% |
90% |
Contía máxima |
12.150 € |
16.731 € |
24.075 € |
|
Menor ou igual a 2,1 |
% axuda |
100 % |
100 % |
100 % |
Contía máxima |
20.250 € |
22.308 € |
26.750 € |
Para vivendas unifamiliares:
Ingresos en veces IPREM ponderado |
Vivenda unifamiliar |
Axuda por vivenda en función do aforro enerxético |
||
30%≤∆Cep,nren<45% |
45%≤∆Cep,nren<60% |
∆Cep,nren≥60% |
||
Entre 2,6 e 2,1 |
% axuda |
60% |
75% |
90% |
Contía máxima |
13.530 € |
18.404,1 € |
26.482,5 € |
|
Menor ou igual a 2,1 |
% axuda |
100 % |
100 % |
100 % |
Contía máxima |
22.550 € |
24.538,8 € |
29.425 € |
No caso de obras nas que haxa retirada de amianto daranse, adicionalmente, 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio ata o importe do custo que supoña a súa retirada
4º. CANDO SE PODEN SOLICITAR?
As bases reguladoras e convocatoria de subvencións para a rehabilitación de actuacións incluídas no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU nos ERRPs declarados no Concello da Coruña publicaranse durante o último trimestre do ano 2024 no BOP da Coruña e nesta web.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP da Coruña.
5º. ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?
Correo electrónico: subvencionsbarrios@coruna.gal
Teléfono: 981184200, 010
Presencial: Oficina Municipal de Rehabilitación - rúa Cabaleiros, 21 (Estación de autobuses)
6º. NORMATIVA APLICABLE E DOCUMENTACIÓN RELACIONADA:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible