Que son?
Aínda que tomar máis dunha droga ao mesmo tempo ten efectos impredicibles e aumenta o risco de sobredose, mesturar diferentes substancias durante unha mesma noite é unha realidade que está en expansión.
Coa mestura de diferentes substancias algúns efectos poténcianse ou multiplícanse, outros contrarréstanse ou anúlanse... é imprevisible. Coa mestura faise difícil apreciar os efectos dunha substancia e por iso pódese ter dificultade para saber se o que se tomou fixo efecto ou non, polo que ao final pódese tomar máis cantidade da inicialmente prevista.
Por que se mestura?
Hai persoas que mesturan con certo criterio, pero son máis frecuentes as que o fan sen ningún tipo de control. Os motivos poden ser tantos como as persoas que o fan, pero pódese xeneralizar en base ás seguintes cuestións:
1. Hai quen realiza un consumo de base de certo produto por un motivo cultural (cannabis...), talvez terapéutico (tratamento psiquiátrico, tratamento de substitución...), ou talvez porque ten unha dependencia cara a este (heroína, cocaína...) e no momento de irse de festa engada a este consumo base outra substancia máis acorde para os efectos de procura dun estado de transo, de empatía...
2. Hai quen realiza combinacións para buscar un efecto preciso:
3. Hai quen toma todo o que ten ao seu alcance
4. Polo feito de ser incapaz de dicir NON a un ofrecemento
É imposible facer referencia a todas as combinacións, pola súa extensión, e a todos os posibles riscos, porque a maioría aínda son descoñecidos. O que si é seguro é que mesturar diferentes substancias é máis arriscado que tomar unha soa, xa que a maioría dos accidentes son debidos a mesturas.
O alcol é unha das sustancias máis usadas para mesturar e que peores efectos produce.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible