Exposición de peonzas: historia, descrición, clasificación, actividades cos nenos.
De calquera concello
Cultura, Educación
Outras
Público, Concertado, Privado
Alumnado de todos os niveis educativos.
De luns a venres, nos horarios seguintes: 9:45 e 11:30 horas.
Gratuíto
Descrición da actividade
¡Ssszzziúuu! É a expresión máis auténtica e natural dunha peonza, é ese son a medio camiño entre o zumbido, o asubío e o murmurio, que escoitaremos cando unha peonza sae da nosa man e atravesando o aire, xusto antes de poñerse a bailar. Ese será o presaxio de que algo grande e fermoso vai pasar. Porque cando unha peonza baila, tamén o fan a fantasía, a imaxinación e a creatividade de quen a lanzou.
Esta mostra é unha invitación non só ao coñecemento deste xogo popular e tradicional, senón tamén á revitalización do mesmo e das emocións e sentimentos que provoca.
¿Que poderás atopar nesta exposición?
Esta exposición é a culminación do proxecto "Ssszzziúuu", que naceu do libro homónimo publicado no ano 2022, do que son autores Lestonnac Ibáñez (fotógrafa) e Luís Ramas (profesor e coleccionista de peonzas).
Dende o 17/03/2025 ata o 02/05/2025
Dende o 03/03/2025 ata o 25/03/2025
Inscrición a través da ficha específica e por orde de solicitude, ata cubrir prazas.
Departamento de Exposicións, Coleccións e Museos Históricos
Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible