As presentes instrucións, ditadas polo Servizo Municipal de Educación (SME en diante), teñen por obxecto regular o proceso de admisión nas escolas infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM, en diante) do Concello da Coruña para o curso 2025-2026.
A adxudicación de prazas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na REIM para o curso 2025-2026 ( Bases do proceso de admisión na REIM 2025-2026 ).
Solicitude de praza na Rede de Escolas Infantís Municipais para o curso 2025-2026: https://edu.coruna.gal/infantil/solicitude/solicitude_publica_reim/
REDE DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
Escola | Dirección | Horario do centro | Horario escolar |
---|---|---|---|
EIM A Caracola | R/ Illas Cíes s/n (Novo Mesoiro) | Luns a venres de 07:00 a 17:00 h | 08:00 a 16:00 h |
EIM Agra do Orzán |
R/ Alcalde Liaño Flores, s/n (Agra do Orzán) |
Luns a venres de 07:00 a 17:00 h |
08:00 a 16:00 h |
EIM Arela | Avda. de Oleiros, s/n (Elviña) | Luns a venres de 07:00 a 17:00 h | 08:00 a 16:00 h |
EIM Carricanta |
R/ José M. Hernansáez, 11 (Castrillón) |
Luns a venres de 07:00 a 17:00 h | 09:00 a 17:00 h |
EIM Os Rosales |
R/ Alfonso R. Castelao, s/n (Os Rosales) |
Luns a venres de 07:00 a 17:00 h | 09:00 a 17:00 h |
EIM Luis Seoane |
R/ Vixía, s/n (Monte Alto) |
Luns a venres de 07:00 a 17:00 h | 09:00 a 17:00 h |
EIM Monte Alto |
R/ Forcarei, s/n (Monte Alto)* |
Luns a venres de 07:00 a 17:00 h | 09:00 a 17:00 h |
EIM Os Cativos | Lugar Río de Quintás, 1 (Palavea) | Luns a venres de 07:00 a 17:00 h | 08:00 a 16:00 h |
*Actualmente comparte espazo coa EIM Luís Seoane.
PRAZAS VACANTES
Finalizados os períodos de reserva e traslado de praza, publícanse a continuación as prazas vacantes para o curso 2025-2026:
Escola | 0-1 anos (2025) | 1-2 anos (2024) | 2-3 anos (2023) | Total de prazas vacantes |
---|---|---|---|---|
EIM A Caracola | 16 | 10 | 14 | 40 |
EIM Agra do Orzán | 16 | 11 | 15 | 42 |
EIM Arela | 16 | 23 | 21 | 60 |
EIM Carricanta | 16 | 23 | 21 | 60 |
EIM Os Rosales | 24 | 17 | 22 | 63 |
EIM Luis Seoane | 10 | 10 | 3 | 23 |
EIM Monte Alto | 0 | 13 | 7 | 20 |
EIM Os Cativos | 16 | 13 | 21 | 50 |
Total | 114 | 120 | 124 | 358 |
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN
Prazo de solicitude de novos ingresos | Do 26 de marzo ao 8 de abril |
Publicación das listaxes de solicitudes incompletas e excluídas |
5 de maio |
Prazo de corrección de documentación |
Do 6 ao 19 de maio |
Publicación das listas provisionais de admitidos, excluídos e en espera |
2 de xuño |
Prazo de alegacións |
Do 3 ao 16 de xuño |
Listas definitivas |
23 de xuño |
Matrícula |
Do 25 ao 30 de xuño |
Inicio do curso |
5 de setembro |
BASES DO PROCESO DE ADMISIÓN
Este documento inclúe toda a información relativa ao proceso de admisión na REIM para o curso 2025-2026: Bases do proceso de admisión na REIM 2025-2026 .
PROCESO DE ADMISIÓN PARA OS NOVOS INGRESOS (CARÁCTER PREFERENTE E ORDINARIO)
Establécense dúas modalidades de novo ingreso:
CARÁCTER PREFERENTE:
Terán carácter preferente as solicitudes de prazas cuxas circunstancias sexan as seguintes:
Documentación:
Todas as situacións enumeradas anteriormente deberanse acreditar documentalmente para xustificar o carácter preferente mediante a presentación da seguinte documentación:
Nas solicitudes de novo ingreso de carácter preferente de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) deberase acreditar a concorrencia desta circunstancia.
Esta documentación deberase completar coa indicada no apartado "Lugar de presentación e documentación".
CARÁCTER ORDINARIO
As restantes solicitudes de novo ingreso que non teñan carácter preferente serán obxecto de baremación para a asignación de prazas, segundo o procedemento que se establece nos apartados seguintes.
REQUISITOS DE ACCESO PARA O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO INGRESO
Serán requisitos para solicitar praza na REIM:
CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA AS SOLICITUDES DE NOVO INGRESO DE CARÁCTER ORDINARIO
Despois de aplicar o criterio de prioridade e só se existisen máis solicitudes que vacantes, procederase a baremar as solicitudes de acordo cos criterios que se indican a continuación.
CRITERIOS DE BAREMACIÓN
A baremación será única para todas as escolas e levarase a cabo tendo en conta os seguintes criterios:
A) Situación sociofamiliar. Puntuarase:
Situación sociofamiliar | Puntuación |
---|---|
Irmáns/irmás solicitando praza simultaneamente |
4 puntos |
Menor solicitante cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou grao de dependencia recoñecido |
3 puntos |
Proxenitores7as conviventes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% ou grao de dependencia recoñecido |
1 punto (máximo 2) |
Condición de familia monoparental/monomarental |
2 puntos |
Condición de familia numerosa |
2 puntos |
B) Situación sociolaboral. Puntuarase:
Situación sociolaboral | Puntuación |
---|---|
Ocupación laboral das dúas persoas proxenitoras |
8 |
Ocupación laboral dunha das persoas proxenitoras |
4 |
Condición de familia monoparental/monomarental traballando |
8 |
CRITERIOS DE DESEMPATE
Situación económica
A puntuación asignada na situación económica da unidade familiar só se terá en conta cando exista un empate entre varias solicitudes de acordo coa puntuación obtida nas situacións sociofamiliar e sociolaboral.
Tramos de renda | Puntuación |
---|---|
Renda per cápita da unidade familiar inferior ao 30% do IPREM | 7 |
Renda per cápita da unidade familiar comprendida entre o 30% e o 50% do IPREM |
6 |
Renda per cápita da unidade familiar comprendida entre o 50% e o 75% do IPREM |
5 |
Renda per cápita da unidade familiar comprendida entre o 75% e o 100% do IPREM |
4 |
Renda per cápita da unidade familiar comprendida entre o 100% e o 125% do IPREM |
3 |
Renda per cápita da unidade familiar comprendida entre o 125% e o 150% do IPREM | 2 |
Renda per cápita da unidade familiar comprendida entre o 150% e o 200% do IPREM | 1 |
Renda per cápita da unidade familiar superior ao 200% do IPREM | 0 |
Empate na puntuación
Se, despois de aplicar tamén o baremo da situación económica, persistise o empate entre varias solicitudes, resolverase a asignación de praza tendo en conta o resultado do sorteo público das dúas primeiras letras de prioridade, tanto para o primeiro apelido como para o segundo apelido. O dito sorteo realizarase no Servizo Municipal de Educación antes do inicio do período de solicitude de praza.
A data e a hora da realización do sorteo publicarase na web municipal (www.coruna.gal/educacion), como mínimo, un día antes da súa realización.
O resultado do sorteo publicarase tamén nesta mesma páxina web, como máximo dentro dos tres días seguintes á súa realización.
SORTEO DAS DÚAS PRIMEIRAS LETRAS DE PRIORIDADE
En cumprimento do establecido no artigo 7, apartado 7.3.b., das Bases reguladoras do proceso de admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2025-2026, realizouse o sorteo público o día 21 de marzo de 2025, ás 09.30 horas, no Servizo Municipal de Educación (praza de María Pita, s/n, 3.º piso).
Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final no proceso de admisión nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2025-2026, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "I" e "F"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "K" e "B".
DOCUMENTACIÓN E LUGAR DE PRESENTACIÓN
Presentarase unha única solicitude, pedindo por orde de prioridade as escolas polas que se opta. Nesta solicitude poderán solicitar ata un máximo de dúas escolas. A adxudicación de prazas realizarase tendo en conta a escola infantil seleccionada como primeira opción.
A adxudicación dunha praza na escola indicada como primeira opción implicará a aceptación da súa matriculación (salvo renuncia expresa) e a eliminación da lista de espera na opción non adxudicada.
O alumnado incorporarase á escola o día de comezo do curso escolar, ou o día seguinte á finalización do prazo de matriculación, no caso das convocatorias extraordinarias, salvo causas xustificadas e valoradas polo Servizo Municipal de Educación.
A adxudicación dunha praza na escola indicada como segunda opción permitirá manter a situación en lista de espera na escola non adxudicada e elixida como primeira opción. Para a adxudicación das prazas atenderase ao disposto, en primeiro lugar, nos apartado Criterios de prioridade e, se existen máis solicitudes que vacantes, atenderase a continuación ao previsto nos apartados Criterios de baremación e Criterios de desempate.
As persoas interesadas deben facer unha inscrición en liña na web municipal (www.coruna.gal/educacion) a través da ficha específica "Solicitude de praza na escola infantil 2025-2026".
Acceso a "Solicitude de praza na escola infantil 2025-2026": https://edu.coruna.gal/infantil/solicitude/solicitude_publica_reim/
Despois de cubrir e completar a dita ficha, o sistema elabora un xustificante (documento PDF) que se envía ao correo electrónico facilitado. Este documento en PDF, denominado ficha de preinscrición, conterá un número de identificación (IDE) que será o de referencia para cada expediente no procedemento. Dado o seu carácter de preinscrición, este xustificante é só un trámite previo necesario para poder formular validamente a solicitude da praza propiamente dita e non ten en ningún caso a consideración de solicitude da praza nunha escola infantil para o curso 2025-2026.
Unha vez recibida a dita ficha de preinscrición deberá imprimirse e ser asinada polos dous proxenitores ou polas dúas proxenitoras ou titores/as e, xunto ao resto da documentación requirida nestas bases, deberá presentarse no rexistro electrónico do Concello da Coruña (https://sede.coruna.gob.es), no Rexistro Xeral do Excmo. Concello da Coruña ou a través de calquera outro medio dos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
DOCUMENTACIÓN
Para as solicitudes de novo ingreso con carácter preferente e con carácter ordinario, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
A falta de presentación dalgún dos documentos dentro do prazo de presentación da solicitude e de corrección ou emenda supoñerá a exclusión do proceso.
OUTRA DOCUMENTACIÓN PARA OS EFECTOS DE VALORACIÓN
A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos neste apartado dentro do prazo de presentación da solicitude e emenda supoñerá a non valoración no apartado correspondente.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible