Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Aínda que as competencias básicas non se inclúen como elemento curricular, si se considera que nesta etapa sentan as bases para o desenvolvemento persoal e social, e intégranse aprendizaxes necesarias para o posterior desenvolvemento das competencias básicas en todo o alumnado, baixo esta premisa, incentívase principalmente o coñecemento do seu ámbito inmediato, integrando neste á Policía Local como axente social próximo e colaborador.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Policía Local
Tipo de actividade:
Complementaria
Horario:
De 09.00 a 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos.
Obxecto:
Coñecer normas básicas como peóns: cruzar a rúa polos pasos de peóns, non correr pola beirarrúa, mirar antes de cruzar, ...
Coñecer as normas de seguridade nos coches: importancia do uso adecuado da cadeira de rentención infantil, non molestar ao condutor, baixarse sempre polo lado da beirarrúa, ....
Entender a necesidade do uso do casco na bicicleta.
Relacionar a figura da Policía Local co tráfico.
Achegar a figura da Policía Local como persoa próxima da súa contorna cotiá e, sobre todo, espertar a súa confianza.
Actividade dirixida ao alumnado do último curso de EI.
A actividade consiste en:
Presentación e exposición do traballo da Policía Local, buscando a interacción do grupo nunha charla aberta onde poidan preguntar ou contar anécdotas.
Visionado dos vídeos de debuxos animados de educación viaria de "Green Light Seguridade viaria": Os axentes de tráfico. Os semáforos de peóns. Ao baixarse dun coche.
Comentarios guiados sobre os vídeos expostos.
Camiño escolar seguro: percorrido polos arredores do centro para levar á práctica o aprendido na aula. Para esta actividade póñenselles chalecos policiais amarelos. Sempre se solicita a colaboración de polo menos dous adultos. Pretende que os nenos e nenas aprendan non só os coñecementos relativos ao tráfico propios para a súa idade, sempre dunha forma lúdica con materiais audiovisuais, senón que tamén se realiza unha ruta ao redor do seu centro para levar á práctica todo o aprendido na aula. Búscase que establezan unha mellor relación co seu ámbito máis próximo, nos seus desprazamentos do día a día e en situacións que poidan considerar como cotiás e reais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible