Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Accións de comunicación

A nosa estratexia de comunicación fai referencia á maneira nas que se deben levar a cabo as accións de información, publicidade e comunicación concibidas no Plan de comunicación de EidusCoruña

Esta estratexia comunicativa defínese como activa e integral, e debe abranguer todo o ciclo de execución do proxecto, desde a súa fase de lanzamento ata o seu peche e presentación de resultados. As accións de comunicación deben empregar un estilo próximo, coidado, preciso e directo, procurando a simplicidade para facilitar a súa comprensión.

A comunicación da Estratexia EidusCoruña diríxese a un público obxectivo prioritario que comprende á cidadanía da Coruña, axentes público-privados implicados, órganos administrativos sectoriais e visitantes da cidade. Identifícase tamén como público obxectivo secundario ás administracións públicas territoriais, a representación permanente da Comisión Europea en España, á prensa en xeral e ao resto de habitantes de Galicia e España.

As accións de comunicación estrutúranse en 4 grandes grupos, que á súa vez será posible ampliar ou modificar segundo avance a execución da estratexia EidusCoruña.

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Os principais medios utilizados son a prensa escrita e dixital, radio, televisión e redes sociais en diversos formatos (publirreportaxes en prensa, cuñas en radio, anuncios en TV, anuncios en redes sociais, novas na Internet, banners etc.) que formarán parte de campañas publicitarias articuladas no plan de medios, ou ben accións puntuais de comunicación e información. Neste sentido, pódese a consultar toda a información relacionada co avance da execución da Estratexia EidusCoruña no apartado Noticias

EVENTOS

Neste apartado inclúense os seminarios, xornadas, actos de presentación ou inauguración etc, que permitan dar a coñecer tanto as operacións realizadas no marco da estratexia territorial EidusCoruña, como da propia estratexia. A programación destes actos tamén nos permite xerar información actualizada que publicamos en forma de noticia. Aquí presentamos eventos previstos, os xa feitos e outros de carácter xeral:

Os eventos que tiveron lugar ata o momento son:

Nesta web tamén se poderán consultar outros eventos de carácter xeral, relacionados co desenvolvemento urbano sostible integrado, no apartado Eventos

PUBLICACIÓNS

No apartado Guías e manuais desta web pódense consultar todas as publicacións dixitais realizadas polo Concello da Coruña para dar a coñecer a estratexia EidusCoruña (libros, folletos, boletíns, revistas etc.), dirixidas tanto á propia organización municipal como á cidadanía en xeral.

RADIO

As diferentes campañas de radio poden escoitarse na plataforma Soundcloud onde aloxamos cada cuña en tres idiomas: inglés, castelán e galego.

VÍDEOS

No noso perfil de Youtube atópanse as creacións audiovisuais destinadas á difusión da estratexia EidusCoruña. Pódense reproducir, descargar e compartir vídeos nos que se dan a coñecer as distintas actuacións e o papel tan importante que xoga Unión Europea na cidade a través do financiamento do fondo FEDER.

Pódense consultar e descargar tamén na seguinte táboa todos os vídeos clasificados por Obxectivo Temático:

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión