Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Boas prácticas

O mar da praia coruñesa de Riazor

Accións destacables da estratexia

A detección, análise e transferencia de Boas Prácticas constitúe o eixe fundamental de todas as estratexias de comunicación e é unha ferramenta esencial para a xestión pública e para o avance na consecución dos obxectivos da Política Rexional Comunitaria.

Todas as actuacións que respondan aos seguintes criterios poderán ser consideradas como Boas Prácticas para todos os efectos:

  1. O papel do FEDER na actuación foi convenientemente difundido entre os/as beneficiarios/as, beneficiarios/as potenciais e o público en xeral. Deberase presentar todo o realizado para a comunicación da citada actuación.
  2. A actuación incorpora elementos innovadores. Haberá que destacar o carácter innovador da actuación, que pode estar vinculado ás metodoloxías, tecnoloxías ou procesos, aos servizos facilitados e as distintas ferramentas empregadas para poñela en marcha. Tamén se considerará a innovación respecto ao territorio ou ámbito de execución e ao público obxectivo.
  3. Os resultados obtidos adecúanse aos obxectivos establecidos. Hai que destacar os principais obxectivos, facendo ver o valor engadido que supón o recibir fondos europeos, indicando se todos eles se están cumprindo e facendo fincapé en que tipo de actividades e resultados se poden atribuír ao proxecto: impacto en termos físicos, cuantitativos e cualitativos.
  4. A actuación contribúe á resolución dun problema ou debilidade detectada no ámbito de execución. É preciso describir a que problemática responde o proxecto presentado e como a súa posta en marcha favorece o desenvolvemento do territorio e/ou público obxectivo.
  5. A actuación alcanza a gran parte da poboación á que vai dirixida. Debe mencionarse o alcance, non só sobre os beneficiarios directos senón tamén sobre a poboación en xeral.
  6. Cumpre cos criterios horizontais de igualdade de oportunidades e non discriminación, responsabilidade social e sustentabilidade ambiental. Débese indicar como se aplicaron estes criterios na actuación correspondente.
  7. A actuación ten sinerxías con outras políticas ou instrumentos de intervención pública. Terase en conta se a actuación reforzou a actuación doutros fondos (rexionais, nacionais, europeos) e contribuíu a potenciar os aspectos positivos destes.

A continuación preséntanse as Boas Prácticas validadas pola Autoridade de Xestión:

Reforma do equipamento da praza José Toubes para centralizar actividades cívicas e sociais destinadas á mocidade no barrio de Catro Camiños

Actuacións de mellora da mobilidade urbana nas rúas Ramón Cabanillas, Victoria Fernández, A nosa Señora do Rosario, Cortaduría e polígono de Pocomaco (peonalización, retirada de barreiras arquitectónicas e mellora do firme)

Renovación do parque de bicicletas e compra de bicicletas eléctricas

Remodelación do Mercado municipal de Adormideras creando unha rede de dinamización do comercio local

Acondicionamento de pavimentos e cubertas no Cemiterio de San Amaro para recuperar o seu valor turístico, cultural e ambiental

Rede de sensores de medición ambiental e difusión de datos a través da aplicación informática de xestión

Instalación de sensores e aplicación informática para medir o consumo enerxético público e privado nos barrios da cidade

  • Marca corporativa Concello dá Coruña 2023
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión