Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Planificando o futuro da cidade

foto do porto marítimo

Nas cidades habita máis do 75% da poboación europea e materialízase o 80% da actividade económica. Constitúen, por tanto, os motores do crecemento e do emprego en Europa.

A importancia da "visión urbana" concretouse diferentes iniciativas e programas da política de cohesión europea, desde os Proxectos Pilotos Urbanos (1990 e 1993), as dúas fases do programa URBAN (OuRBAN I 1994-1999 e URBAN II 2000-2006), as actuacións de rexeneración urbana do período 2007-2013 (URBANA C), e as actuais que deron lugar ás estratexias DUSI.

Desde a entrada de España na UE en 1985 esta cidade beneficiouse das posibilidades que ofrecían os fondos europeos, redactando, planificando e presentándose a todas as posibles convocatorias que encaixaban nos seus proxectos de cidade. Esta participación foi positiva para a cidade porque A Coruña sempre obtivo fondos europeos para financiar os seus proxectos. Neste documento pódese saber máis sobre o impacto dos FEIE na nosa cidade nos últimos 36 anos.

O próximo período de programación 2021-2017 dará un gran impulso á dimensión urbana, e será o que defina o modelo para seguir por parte das administracións implicadas. Este será o camiño para seguir nos próximos anos:

A nivel mundial

A Nueva Agenda Urbana de Naciones Unidas, Hábitat III Nesta era na que vivimos un crecemento sen precedentes da urbanización, e no contexto da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, o Acordo de París e outros acordos e marcos mundiais para o desenvolvemento, chegou o momento decisivo no que as cidades poden ser fonte de solucións aos problemas a que se enfronta o noso mundo na actualidade, e non a súa causa. Se está ben planificada e ben xestionada, a urbanización pode ser un instrumento poderoso para lograr o desenvolvemento sustentable, tanto nos países en desenvolvemento como nos países desenvolvidos.

A nivel europeo

Mediante a redacción da Agenda Urbana Europea , agora mesmo en fase de debate entre todos os países membros, cuxo informe de 2017 pódese consultar, no que se recolle as recomendacións e análises da Comisión ao Consello de Europa.

A nivel de España

O goberno central, mediante a posta en marcha da Axenda Urbana Española persentada en Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2019, aposta por un modelo urbano desexable cara ao futuro e trata de abanderar unha nova visión do Urbanismo que podería chamarse 1.0. Será imperfecta e requirirá, seguro, sucesivas versións melloradas, o que será posible sempre que os diferentes actores, públicos e privados, vaian incorporando procesos e mecanismos de implementación efectiva e deixen ver cantos e cales dos seus contidos son mellorables e desexables. + INFORMACIÓN

Todos os documentos da elaboración recente na que está inmersa, pódelos consultar na sección de Documentación Técnica de ámbito estatal

A nivel territorial

As rexións transfonterizas Galicia-norte de Portugal desenvolveron a Agenda Urbana del Eixo Atántico . Esta Axenda debe ser un instrumento de desenvolvemento rexional ao servizo do sistema urbano da Eurorrexión Galicia Norte, que pretende sentar as bases da reflexión pois son as cidades as que deben tomar as decisións, un esforzo colectivo que permita liderar o crecemento intelixente, sustentable e integrador do futuro próximo, potenciando a cooperación entre as administracións públicas locais.

A nivel metropolitano

Especialmente, impulsando a creación da área Metropolitana da contorna da Coruña, enfocado cara á aprobación dunha lei galega que permita a constitución xurídico da área Metropolitana da Coruña (AMAC) que permita acometer actuacións de forma conxunta aos concellos que a conformen e que serán beneficiosas para todas a cidadanía.

foto panorámica da cidade

E xa a nivel local, hai unha serie de grandes proxectos de investimento para a cidade (o Viario 18, a estación intermodal, a ampliación da Avda. de Alfonso Molina e da ponte da Pasaxe...) que dependen en moitos casos doutras administracións implicadas que ten competencias sobre eles (Deputación, Xunta, Autoridade Portuaria, goberno central), pero cuxo empuxe e posta en marcha debe ser un obxectivo para alcanzar polas autoridades municipais polos beneficios que obterá a cidadanía da Coruña. Nisto baséase o proxecto da Axenda Urbana da Coruña que pretende seguir os pasos doutras Axendas Urbanas xa consolidadas.

  • Marca corporativa Concello dá Coruña 2023
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión