Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Grupo de Acción Urbana (GAU)

Foto dunhas mans unidas que representan o traballo en equipo

O GAU (Grupo de Acción e participación Urbana) é o órgano de consulta, participación e coordinación social da Estratexia.

A súa función principal é realizar un proceso de participación permanente durante a execución das actividades do proxecto EidusCoruña, así como a súa avaliación en función da temporalidade dos informes externos emitidos para o efecto (informes de avaliación intermedio e final).

O GAU pon á disposición da cidadanía, tanto de forma presencial como a través de medios de comunicación, web, redes sociais, eventos, etc. os avances da EidusCoruña.

En materia de Igualdade de oportunidades poñerá en marcha un procedemento de avaliación específico que finalizará coa elaboración dun informe do impacto da estratexia integral EidusCoruña sobre a integración laboral, a educación, a formación profesional, a capacidade empresarial das mulleres e a conciliación da vida laboral e profesional. Estes informes de impacto de xénero teñen carácter preceptivo, xa que así os define a normativa europea, a estatal e a propia Instrución para a Transversalidade de Xénero do Concello da Coruña.

A constitución do GAU foi aprobouse na XGL do 15 de Xullo de 2020 . Pódese consultar aquí o seu Certificado de constitución e anexo no que se detalla a súa composición.

O 17 de novembro de 2020 tivo lugar a sesión constitutiva e inmediatamente despois tivo lugar a primeira sesión. Tamén nesa data se aprobaron as Normas de Funcionamento do Grupo de Acción Urbana (GAU) da estratexia EidusCoruña.

  • Marca corporativa Concello dá Coruña 2023
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión