Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Modelo de participación

Participación

A participación cidadá na xestión de EidusCoruña

A estratexia de participación de EidusCoruña enmárcase dentro da estratexia municipal de participación cidadá do Concello da Coruña de forma transversal e integrada nas diferentes políticas que se desenvolven.

Para a execución de EidusCoruña créase o Grupo de Acción Urbana (GAU) como máximo órgano impulsor da participación.

Este órgano, de carácter multisectorial, realiza as funcións de acompañamento, consulta e participación na estratexia. Está presente ao longo de toda a execución da estratexia, asegurando que se integra nela as diferentes voces da cidade. Adicionalmente, levarán a cabo procesos participativos nas accións que integran a estratexia EidusCoruña.

O elemento central da estratexia

A estratexia dunha cidade é un proceso continuo que se adapta ás novas visións cidadás e que aglutina os diferentes procesos participativos levados a cabo para a construción da estratexia da cidade.

Desta maneira toda a cidadanía, organizada ou non, dispoñerá de mecanismos para participar no deseño da estratexia EidusCoruña. Desta premisa parte o Modelo de Participación da estratexia EidusCoruña que se deseñou para dar cumprimento a estes requisitos mediante o deseño dun esquema organizativo con dous marcos de actuación principais:

  • o modelo de participación interna, que pretende sentar as bases dun modelo de interacción social entre as distintas áreas e servizos municipais implicados que permitirá canalizar a participación así como articular a implicación dos devanditos actores na definición e posterior execución das operacións.
  • o modelo de participación externa, que regula a relacións coa cidadanía e os seus órganos de representación, mediante un modelo de relación entre o Concello cos axentes sociais e económicos da cidade para o desenvolvemento da estratexia EidusCoruña.

DESCARGAS:

Que che parece esta sección?

-105-105-105

  • Marca corporativa Concello dá Coruña 2023
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión