Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Convocatoria de Expresións de Interese (EdI)

Selección, avaliación e aprobación de operacións

A convocatoria de Expresións de Interese (EdI) constitúe o inicio do procedemento de avaliación, selección e aprobación de operacións establecido no apartado 4.1. do Manual de procedementos da Coruña (este documento inclúe a súa addenda de outubro de 2023)

Efectúase esta convocatoria para que os beneficiarios potenciais propoñan e expresen os seus intereses na execución de operacións incluídas nos Obxectivos Temáticos (OT) que conforman o Plan de Implementación de EidusCoruña, baixo os principios xerais de transparencia, concorrencia e non discriminación.

As Unidades Executoras (UUEE) solicitantes das EdI han de demostrar capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para o cumprimento das obrigacións establecidas no Documento que Establece as Condicións de Axuda (DECA). En cumprimento do establecido no art. 65.6 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que establecen disposicións comúns e xerais relativas ao FEDER, é unha obrigación para as unidades potencialmente executoras a presentación dunha solicitude de EdI .

Na seguinte ligazón pódese descargar o Documento íntegro da convocatoria de Expresións de interese (EdI) para potenciais beneficiarios no marco da Estratexia EidusCoruña, cofinanciada polo FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 (antes POCS).

Facilita a elaboración dunha EdI unha boa comprensión do contido global da estratexia, por iso podes acceder a un esquema deste contido global que recolle as diferentes Liñas de Actuación (a través dun Plan de Execución) e ás fichas individualizadas que se incluían na candidatura da estratexia DUSI. Así mesmo, para facilitar a súa comprensión, incorporamos os documentos necesarios para confeccionar unha EdI. desagregados por anexos, correspondentes aos que configuran o Documento íntegro da Convocatoria de Expresións de Interese:

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión