Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Presentación

foto de Inés Rey

Estratexia urbana EidusCoruña

EidusCoruña é o proxecto do Concello da Coruña concibido para executar a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (EDUSI) para a área urbana da cidade, cuxo propósito é transformala nun espazo de maior calidade urbana, equilibrado económica e socialmente, inclusivo e integrador, respectando a diversidade, ambientalmente sustentable e cunha marcada igualdade en materia de xénero.

A nosa estratexia, denominada "EidusCoruña", foi seleccionada en xullo de 2017 como receptora de fondos FEDER (Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional) por un importe global de 15 millóns de euros de cofinanciamento europeo para o período 2017-2023. É unha honra para esta corporación garantir a consecución dos obxectivos expostos nesta estratexia e cumprir cos requisitos da Unión Europea para seguir crecendo como cidade.

EidusCoruña responde a un enfoque estratéxico global e ten unha visión a longo prazo que nós continuaremos na Axenda Urbana da Coruña. Pretende dar unha resposta coherente e equilibrada aos problemas identificados na cidade, centrándose en aspectos esenciais para A Coruña como a creación de emprego, a mobilidade sustentable, a accesibilidade, o turismo de calidade, a igualdade de oportunidades, a cobertura das necesidades básicas, as oportunidades de acceso aos servizos públicos, o apoio á educación, á cultura e á creatividade, a calidade ambiental ou o aforro enerxético, entre outros grandes retos.

O elemento central na elaboración da Estratexia EidusCoruña foi a participación da cidadanía, das organizacións, de entidades públicas e privadas, e de todos os axentes sociais. Por este motivo, queremos continuar dando cabida ás vosas demandas e seguir camiñando xuntos na implementación da nosa estratexia urbana.

Nesta web está toda a información relativa a este ambicioso proxecto. Convidámosvos a coñecelo, a seguir participando e a vivilo.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Inés Rey García, alcaldesa da Coruña

  • Marca corporativa Concello dá Coruña 2023
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión