Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
INFORMACIÓN XERAL
Operación: Establecemento do mapa de espazos de feira especializadas da cidade e dotación dos mesmos (LA26)
Obxectivo temático: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza (OT9)
Orzamento: 299.330 €
Financiamento FEDER: 80%
Estado: rematada
Prazo de execución: 1,5 meses
DESCRICIÓN
O proxecto consiste na dinamización do mercado de proximidade mediante a creación dun mapa de espazos de feiras especializadas en cada barrio da cidade xunto co equipamento necesario para eles, facilitando os ciclos produtivos de proximidade ao deseñalos de maneira atractiva para as persoas consumidoras. Deste xeito refórzase o comercio de barrio en distintas localizacións da cidade, evitando desprazamentos innecesarios a outras zonas e mellorando o tecido económico e social de cada parte do municipio. Trátase, en esencia, de crear diversos espazos dedicados á venda de produtos en diferentes localizacións da cidade.
Para a execución deste proxecto formúlase a dotación de equipamento como carpas, casetas ou khaimas para cada tipo de mercado, baños portátiles etc. así como outros elementos necesarios. Os elementos para adquirir cubrirán todas as necesidades de cada mercado urbano. En cada espazo habilitaranse puntos de ancoraxe no pavimento se fosen necesarios, coas conexións de electricidade, auga e saneamento que fosen precisas.
Estes mercados e feiras localizaranse en áreas con oferta integral de comercio, onde nun curto radio de distancia se poida efectuar a compra periódica (semanal ou mensual) dunha familia media. A actividade ordinaria destas feiras deberase acompañar dunha programación complementaria a esa actividade, que a integre na comunidade da súa contorna, aumentando a calidade da oferta.
Este contrato componse de varios lotes e foi licitado dúas veces. Pódese acceder á plataforma de contratos no seguinte apartado "ligazóns de interese".
LIGAZÓNS DE INTERESE
Plataforma de contratos: licitación 1
18 de maio de 2024
El Ideal Gallego
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible