Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Humanización e reurbanización da rúa Severo Ochoa

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Dotación de infraestruturas e equipamentos para a mellora dos espazos públicos da contorna de polígonos industriais (LA5)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 791.900 €

Financiamento FEDER: 80% de 960.000€ (o importe restante é achega municipal)

Estado: Terminada

Prazo execución: 12 meses

Contratista: Canarga S.L.

DESCRICIÓN

Este proxecto consiste nunha serie de actuacións ambientais no polígono da Grela, concretamente na rúa Severo Ochoa, que abarca o tramo comprendido entre a rúa Galileo Galilei e a glorieta de rúa Newton. O ámbito de actuación das obras comprende unha superficie de 14.696m², que permitirá a mellora ambiental e social da zona, a través da reurbanización e humanización da rúa.

O obxectivo das actuacións é a dotación de infraestruturas e equipamentos para poñer en valor o espazo público na rúa Severo Ochoa, centrándose nos seguintes aspectos:

  • Potenciación do espazo destinado a zonas verdes seleccionando as especies adecuadas á contorna, segundo a súa densidade de sombra, idoneidade de aliñación, esixencia hídrica, tolerancia a contaminantes, lonxevidade e baixa esixencia de mantemento; co fin de obter unha continuidade verde coa cidade, así como unha redución da temperatura ambiental e a consecuente retención dos contaminantes en suspensión.
  • Aproveitamento hídrico da contorna urbanizada mediante o emprego dun Sistema Urbano de Drenaxe Sustentable (SUDS), incluíndo pavimentos filtrantes, evitando a impermeabilización do chan e conducindo a auga en celas ata a conexión cun punto do sistema de drenaxe convencional. Nese percorrido producirase a filtración dos sólidos contaminantes.
  • Mellora da calidade do aire, cos elementos antes mencionados de arboledo e filtración de auga de choiva, potenciando os modos brandos de transporte e reordenando as áreas de aparcadoiro.
  • Redución da contaminación acústica, que será consecuencia da potenciación dos modos brandos de transporte e a creación de zonas arborizadas.
  • Prioridade á integración social mediante a humanización e naturalización de distintas vías con itinerarios accesibles.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Vídeo proxecto 3D

Cuña de radio

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión