Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Mellora e virtualización da Tarxeta Millennium

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Desenvolvemento e mellora de ferramentas TIC para opitmizar a mobilidade e a información sobre desprazamentos (LA9)

Obxectivo temático: Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación. (OT2)

Orzamento: 199.581,49 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Terminada

Prazo execución: 9 meses

Contratista: Telefónica Solucións de Informática e Comunicacións de España S.L.A. U

DESCRICIÓN

Este proxecto consiste na mellora do sistema de información da tarxeta Millenium e virtualización da mesma para o seu uso en dispositivos móbiles. Para iso é necesario abordar os seguintes desenvolvementos ou melloras tecnolóxicas do actual sistema de información:

  • Evolución ou migración do actual Backoffice que serve de base á xestión da Tarxeta Millennium para soportar multicanalidade (tarxeta física, app móbil, emisión/validación QR etc.) así como a identificación e acceso da cidadanía aos diferentes servizos municipais.
  • Frontoffice que lle permita á cidadanía, coñecer en todo momento, os usos que realizou coas súas tarxetas (xa sexan estas físicas ou virtuais).
  • Desenvolvemento e implantación de mecanismos robustos de interoperabilidade con entidades externas que permitan optimizar o procedemento de emisión/distribución da tarxeta Millennium e o intercambio de información con outras administracións e/ou entidades colaboradoras. Por exemplo: ABANCA (para o cobro de taxas en caixeiro), EMVSA (BiciCoruña), entidades que presten servizos de personalización (impresión de tarxetas, ensobrado etc), Universidade da Coruña (para facilitar a expedición de cartóns a perfís universitarios) etc.
  • Desenvolvemento de microservizos que permitan a reutilización das funcionalidades da ferramenta de xestión desde outras aplicacións (servizos de identificación e pagamento desde outras webs e/ou aplicacións móbiles que poidan implantarse no futuro etc).
  • Despregamento en nube pública que garanta alta dispoñibilidade e escalabilidade nun sistema con máis de 160.000 usuarios activos actualmente.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión