Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Novo Observatorio Urbano - Observatorio Municipal de Igualdade, Diversidade e Sostibilidade da Coruña (NOU-OMIDS)

Enderezo:

on-line.

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Creación do observatorio municipal de igualdade e diversidade (LA32)

Obxectivo temático: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza (OT9)

Orzamento: 65.722,36 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: En execución

Prazo execución: 7 meses

Contratista: Auren Consultores SP, SLP

DESCRICIÓN

Este proxecto consiste en desenvolver unha ferramenta de xestión urbana dotando de máis información e mellorando a accesibilidade ao Observatorio Municipal actual. Isto implica coñecer as dinámicas sociais, económicas, educativas, culturais e étnicas que contribúen ás desigualdades na cidade. Coa devandita información actualizada poderanse tomar decisións en base aos indicadores desenvolvidos e implementaranse estratexias efectivas para promover a igualdade. Como resultado, dispoñerase dun innovador instrumento para a xestión urbana da cidade e para a súa consulta por parte dos axentes sociais e cidadanía. Os seus obxectivos principais son os seguintes:

  • A aplicación do principio de transversalidade de xénero na formulación, deseño e avaliación das políticas, liñas de actuación e programas municipais da Coruña para a abordaxe das causas estruturais da desigualdade. O NOU-OMIDS dará continuidade ao camiño xa iniciado pola Instrución municipal para a transversalidade de xénero (BOP 12 abril 2016) e a Ordenanza Municipal da Coruña para a Igualdade na Diversidade (BOP 25 outubro 2019), co fin de incorporar o obxectivo de igualdade de xénero na actividade municipal.
  • Velar pola aplicación efectiva do principio de igualdade, tanto na dimensión de igualdade de trato e non discriminación, como de igualdade de oportunidades.
  • Contribuír á eliminación da discriminación por motivos de sexo, orientación sexual, idade, orixe étnica, cultural, discapacidade funcional ou sensorial, etc. na cidade, así como promover a igualdade de oportunidades no acceso e utilización dos servizos municipais.
  • Facilitar a información municipal con perspectiva de xénero e obter información diferenciada, e así facilitar a avaliación de políticas públicas

Esta actuación compleméntase coa adquisición dunha ferramenta de carga e xestión da información, e a posta en funcionamento dunha nova web, a través dun contrato con dous lotes:

Lote 1. Adquisición dunha ferramenta de carga e xestión de indicadores, e implementación do NOU-OMIDS na devandita ferramenta: permitirá monitorear e controlar indicadores de forma individual e agregada en diferentes áreas. Ademais, deseñarase para xerar e presentar información que facilite a toma de decisións e a rendición de contas. A ferramenta poderase instalar nos servidores municipais do Concello da Coruña ou nunha nube pública.

Lote 2. Posta en funcionamento dunha nova web NOU-OMIDS: levará a cabo a análise, deseño, validación e posta en funcionamento dunha nova contorna web para o Novo Observatorio Urbano (NOU-OMIDS). Esta contorna estará integrado coa Axenda Urbana da Coruña.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión