Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
INFORMACIÓN XERAL
Operación: Recuperación, mellora e posta en valor de espazos naturais de interese local (A2)
Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)
Orzamento: 43.345,00 €
Financiamento FEDER: 80 %
Estado: Terminada
Prazo execución: 2 meses
Contratista: Groma Obras, S.L.
DESCRICIÓN
O obxectivo da construción deste observatorio nas abas do monte de San Pedro é o de achegar as aves, o seu territorio, ecoloxía e desenvolvemento á poboación en xeral. Este observatorio estará aberto á cidadanía que desexe achegarse para observar as aves e a contorna. Esta actuación vai acompañada dun panel interpretativo, onde se facilita información sobre as aves e a ecoloxía do territorio. Para iso é conveniente unha correcta sinalización do espazo, con recomendacións de uso para os posibles visitantes que accedan desde o mar no continente (porto do Portiño), con información (paneis interpretativos) sobre os seus valores. O observatorio sitúase a media ladeira xunto ao pequeno aparcadoiro que se asoma á Illa de Aguión, antes de chegar á glorieta do paseo marítimo, e entre o viario de automóbiles (Avenida Fernando Suárez García) e o peonil. Esta zona xa se utiliza tradicionalmente por quen observa a biodiversidade das Illas, así como xente do mar (mergulladores, pescadores etc) para coñecer cada xornada o estado da mar.
As obras consisten na adecuación da parcela para a instalación da caseta de madeira previamente construída en taller. Isto inclúe:
LIGAZÓNS DE INTERESE
18 de maio de 2024
El Ideal Gallego
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible