Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Desenvolvemento de aplicacións para o Sistema de Información Ambiental

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Desenvolvemento de ferramenta TIC para participación e sensibilización da cidadanía en asuntos transcendentes da cidade, transparencia e administración electrónica (A21.2)

Obxectivo temático: Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación. (OT2)

Orzamento: 85.924,20 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Terminada

Prazo execución: 12 meses

Contratista: Suez Smart Environmental Solutins Spain, SLU

DESCRICIÓN

O Sistema de Información Ambiental componse de varios proxectos cofinanciados polo fondo FEDER:

O presente contrato contempla o desenvolvemento e implantación de diversas ferramentas dentro do Sistema de Información da Calidade Ambiental da Coruña. En concreto, desenvolveranse os seguintes traballos:

  • Aplicación multiplataforma de servizos dixitais públicos de información ambiental e despregadura de versión móbil da app
  • Contidos estáticos e dinámicos de información de calidade ambiental
  • Sistema de xestión de verteduras

Con estes traballos preténdese a total renovación do portal de información ambiental municipal . Evolucionarase cara a unha plataforma de datos máis accesible e aberta, que permita a explotación de datos ambientais en tempo real de carácter puntual cos de carácter territorial. Todos estes datos estarán xeorreferenciados, nunha contorna web deseñada para o efecto que permita ademais a súa exportación como datos abertos.

Os sistemas estarán configurados por diferentes contornas, unhas destinados ao público en xeral (front-end) e outras destinadas aos perfís privados (back-end) do que poderán participar tanto persoal municipal como empresas públicas destinadas á xestión de servizos obrigatorios, ou doutras administracións.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Cuña de radio

Que che parece esta sección?

-105-105-105

  • Marca corporativa Concello dá Coruña 2023
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión