Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Humanización e naturalización do Paseo Marítimo

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Naturalización, humanización e habilitación con equipamento de espazos urbanos clave desde o punto de vista social nos barrios da cidade (LA1)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 2.896.896,01 €

Financiamento FEDER: 80% de 2.205.500 € (o importe restante é achega municipal)

Estado: En execución

Prazo execución: 10 meses

Contratista: Petrolam Infraestruturas S.L.

DESCRICIÓN

Preténdese modificar a configuración do tramo comprendido entre o Dique de Abrigo e o cemiterio de Santo Amaro, para adaptalo aos actuais condicionantes de mobilidade e conseguir unha mellora urbana e ambiental. Así, o obxectivo das actuacións é a humanización e naturalización do espazo, expandindo as áreas de lecer, xerando superficies verdes con zonas de sombra e potenciando as áreas de xogos infantís e non determinadas, equipadas con mobiliario urbano. Potenciarase o carácter sostible, lúdico e integrador con perspectiva de xénero e accesibilidade universal.

Na actualidade o tramo obxecto do proxecto, de aproximadamente 1.500 metros de lonxitude, presenta unha sección practicamente constante, na contorna dos 30 metros de anchura. Destaca o seu carácter lineal, con falta de interconexión coa parte da cidade que arrodea e a súa uniformidade cara ao bordo mariño.

Coa realización deste proxecto preténdese satisfacer as seguintes necesidades:

  • Creación de zonas verdes e con arboredo ao longo de toda a actuación.
  • Recuperación da permeabilidade do chan reducindo a superficie impermeable e facilitando o fluxo da escorrentía superficial cara as zonas verdes.
  • Recuperación de espazos para a cidadanía, coa creación de zonas de lecer con mobiliario urbano.
  • Creación de zonas verdes e áreas específicas de xogos infantís e calistenia.
  • Actualización do sistema de iluminación aos parámetros actuais de eficiencia enerxética, aínda que conservando parte da iluminación existente.
  • Fomento da redución de emisións de gases de efecto invernadoiro favorecendo o uso de modos de transporte alternativos, mediante a actualización da infraestrutura do carril bici, e a disposición dun carril para corredores.
  • Redución do tráfico rodado a dous carrís de circulación, un por sentido.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Presentación do proxecto á cidadanía (GAU 27 de xuño, 2022)

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión