Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Documentos técnicos

libros e rato

Elaborar unha estratexia urbana, ou calquera outro documento que opte a financiamento externo e que ademais pode ter repercusión na nosa vida cotiá, é unha tarefa ardua aínda que moi gratificante se se pensa nos seus posibles beneficios.

Para tratar de facilitar o máximo posible ese labor seleccionamos unha serie de documentos técnicos que foron unha base importante para a elaboración, redacción e posterior aplicación de todo o aprendido.

O "Buscador" facilitarache a selección dos documentos segundo o seu ámbito territorial: a nosa cidade e a súa contorna, autonómico, estatal e europeo.

71 resultados

  • Acordo Asociación España 2014-2020

    Os acordos de asociación son negociacións entre a Comisión Europea e as autoridades nacionais nos que se aplican plans estratéxicos con prioridades de investimento que abarcan os Fondos EIE (FEDER, FSE, FEADER e FEMP), e que constitúen a base da estratexia de desenvolvemento de España a medio e longo prazo. Considéranse un incentivo clave para impulsar o cambio cara a un modelo de crecemento máis intelixente, sustentable e integrador, así como para a creación de emprego, reducindo así as diferenzas rexionais en España.

  • Acordo Asociación España 2021-2027

    O 18 de novembro de 2022 a Comisión Europea aproba o Acordo de Asociación de España 2021-2027, un documento de carácter estratéxico que recolle as grandes liñas de actuación e prioridades de investimento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e do Fondo de Transición Xusta (FTJ). Este investimento organízase ao redor de cinco grandes áreas políticas, nas que cobran especial relevancia o apoio á investigación, a dixitalización, o apoio ás pemes, a eficiencia enerxética, a transición verde e o investimento de carácter social.

  • Acuerdo da Asociación España 2014-2020. Informe de evolución

    Agosto 2017. Desde a aprobación do Acuerdo de Asociación de España o 30 de outubro de 2014 emitíronse recomendacións específicas do Consello a España en 2015 e 2016. Neste informe da evolución do acordo preténdense identificar os cambios relevantes que se produciron na contorna socioeconómica desde 2014. Algunhas destas recomendacións refírense a ámbitos non relacionados cos Fondos EIE, pero outras si presentan unha relación clara coas prioridades identificadas nos ditos FEIE, que son as que se analizan.

  • AMAC. Diagnóstico e Estratexia Metropolitana da área urbana da Coruña

    A Estratexia Metropolitana da área da Coruña é a aposta estratéxica de área urbana que promoven os concellos de Abegondo, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, co apoio do Consorcio das Mariñas, para favorecer un desenvolvemento urbano sustentable e integrado que aspira a facilitar a transformación urbana, económica, ambiental, cultural e social da Área Metropolitana da Coruña (AMAC). O proxecto da estratexia metropolitana consiste basicamente na resolución da maior parte dos problemas da cidadanía que reside, traballa, goza do seu tempo de lecer etc... nesa contorna territorial: o transporte, a mobilidade, a xestión de residuos, a xestión da auga etc.

  • Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable (NNUU, 2015)

    A presente Axenda é un plan de acción en favor das persoas, o planeta e a prosperidade. Tamén ten por obxecto fortalecer a paz universal dentro dun concepto máis amplo da liberdade. Recoñecemos que a erradicación da pobreza en todas as súas formas e dimensións, incluída a pobreza extrema, é o maior desafío a que se enfronta o mundo e constitúe un requisito indispensable para o desenvolvemento sustentable.

    Este plan será implementado por todos os países e partes interesadas mediante unha alianza de colaboración.

  • Axenda Dixital de España (2013)

    É o marco de referencia para establecer unha folla de ruta en materia de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e de administración electrónica, establecer a estratexia de España para acadar os obxectivos da Axenda Dixital para Europa, maximizar o impacto das políticas públicas en TIC para mellorar a produtividade e a competitividade, e transformar e modernizar a economía e sociedade española mediante un uso eficaz e intensivo das TIC pola cidadanía, empresas e administracións.

  • Axenda Urbana do Eixo Atlántico

    A Axenda Urbana do Eixo Atlántico debe ser un instrumento de desenvolvemento rexional ao servizo do sistema urbano da Eurorrexión Galicia Norte, sen esquecer que se trata de sentar as bases dunha reflexión, pois son as cidades as que deben tomar as decisións.

  • Axenda Urbana Española

    Presentada no Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2019, a Axenda Urbana Española é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións para levar a cabo ata 2030, acorde cos retos expostos e coa visión estratéxica das dúas Axendas Urbanas internacionais subscritas en 2016 (a Axenda Urbana para a UE. Pacto de Amsterdam e a Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas-Hábitat III). Constitúe un verdadeiro "menú á carta" para que todos os actores que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sustentable desde os seus distintos campos de actuación, poidan elaborar os seus propios Plans de Acción. Concíbese como un documento estratéxico, sen carácter normativo, que está imbuído de enfoques pragmáticos con vocación de utilidade e, por suposto, de consenso. O contido da AUE pódese consultar por capítulos. + INFORMACIÓN

  • Axenda Urbana para a UE. Pacto de Amsterdam

    O 30 de maio de 2016 realizouse en Amsterdam a Reunión informal de ministros da UE responsables de asuntos urbanos. A partir da sinatura deste Pacto púxose en funcionamento a "Axenda Urbana para a UE" que segue en marcha desde 2016 ata a actualidade, tras o apoio recibido en 2019 a través da Declaración de Bucarest. Como tal, a Declaración de Bucarest está destinada a servir de ponte entre o Pacto de Amsterdam e a Axenda Territorial da Unión Europea e a Carta de Leipzig, que se revisará durante a Presidencia alemá de 2020.

  • Carta de Leipzig sobre Cidades Europeas Sustentables

    Este documento recolle o consenso acadado a nivel europeo no tema de sustentabilidade urbana en maio de 2007 tras o Encontro informal de ministros sobre Desenvolvemento Urbano e Cohesión Territorial realizado en Leipzig.

    Inclúense recomendacións para que no futuro as cidades europeas sigan sendo espazos de progreso social, crecemento e innovación: a) facer un maior uso dos enfoques relacionados coa política integrada de desenvolvemento urbano e b) prestar especial atención aos barrios menos favorecidos dentro do contexto global da cidade.

resultados 71

Que che parece esta sección?

-105-105-105

  • Marca corporativa Concello dá Coruña 2023
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión