Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Documento que Establece as Condicións da Axuda (DECA)

polgares cara arriba

DECA é o acrónimo de Documento que Establece as Condicións da Axuda.

É un documento no que se establecen as condicións de cada axuda FEDER que recibe unha persoa beneficiaria para unha determinada operación. O Regulamento (UE) núm. 303/2013 do Parlamento Europeo establece no art. 125.3.c que se lle entregue un DECA á persoa solicitante por cada operación da que vaia ser persoa beneficiaria.

É un nome específico para un trámite moi similar a outros xa existentes. Por exemplo:

  • Nas axudas é a resolución de concesión.
  • Nos convenios é o propio convenio.
  • Nos instrumentos financeiros é o acordo de financiamento.

Este é o Modelo DECA que usamos na Estratexia EidusCoruña.

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 19 de outubro de 2018, o Concello da Coruña ratificou as 14 primeiras Operacións da Estratexia EidusCoruña, o que permitiu ir elaborando e notificando os DECA ás Unidades Executoras que previamente formularan as súas Expresións de Interese, procedemento que continuou en XGL posteriores con outras operacións. Estes son os documentos agrupados polos 4 Obxectivos Temáticos (OT) do Programa Operativo, ademais das EdI relacionadas co Eixo 13 de Asistencia Técnica:

OT2: Mellora do acceso, do uso e da calidade das tecnoloxías da información e a comunicación

OT4: Apoio da transición cara a unha economía de baixas emisións de carbono

OT6: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos

OT9: Fomento da inclusión social e a loita contra a pobreza e contra calquera tipo de discriminación

Eixo 13. Asistencia Técnica

Que che parece esta sección?

-105-105-105

  • Marca corporativa Concello dá Coruña 2023
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión