Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Mellora do terceiro departamento do Cemiterio de Santo Amaro

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Restauración de lugares de interese turístico, cultural e ambiental dos barrios da cidade (LA3)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 292.299,99 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Terminada

Prazo execución: 10 meses

Contratista: Construcións López Cao S.L.

DESCRICIÓN

O cemiterio de Santo Amaro forma parte da memoria histórica da Coruña. Desde fai más de douscentos anos, soterráronse nel personaxes ilustres da cidade ou falecidos nela. É un conxunto de grande interés artístico e patrimonial no que conviven panteóns ou lápidas que representan diferentes estilos arquitectónicos: romanticismo, modernismo, art decó etc. O cemiterio divídese en tres zonas diferenciadas, a relixiosa, a civil e a británica, esta última pechada ao público polo seu carácter privado.

Ao longo dos anos e debido ao crecemento da cidade da Coruña, sucedéronse diferentes ampliacións no cemiterio, que deron lugar á súa actual configuración.

O obxectivo destas obras é mellorar as condicións de estanqueidade das cubertas dos módulos dos nichos, a mellora do firme e da recolleita da auga de choiva mediante as pendentes no novo pavimento e a nova rede de saneamento. Preténdese tamén deixar a canalización para dar o servizo de electricidade e auga dos que carece neste momento a zona de actuación.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión