Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Restauración do xardín de San Carlos

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Naturalización de espazos urbanos (A1)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 310.515,52 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Termianda

Prazo execución: 6 meses

Contratista: Xardinería Arce S.L.

DESCRICIÓN

O xardín de San Carlos é un dos espazos verdes de maior importancia histórica da cidade, mais especialmente na Cidade Vella onde o número e a superficie de zonas verdes son reducidos.

Este xardín é moi visitado durante todo o ano, especialmente por turistas; o tipo de uso actual é variado, destacando rutas culturais guiadas, paseo e contemplación ou punto de encontro de poboación nova na contorna máis inmediato do arquivo municipal, concretamente nos bancos situados na entrada.

Na actualidade, o xardín acusa o paso do tempo e isto fai que se requiran unha serie de actuacións que melloren as composicións vexetais, o pavimento, os elementos de equipamento e as instalacións.

O proxecto inclúe a recuperación do trazado histórico do xardín, a mellora integral dos espazos axardinados e das especies que están en mal estado, a limpeza das árbores, unha oferta de información e divulgación técnico-científica, a adecuación de instalacións e firmes, a instalación de bancos individuais, a restauración das lanzas de Juan de Ciórraga e a instalación dunha escultura do creador do xardín, o brigadier Francisco Mazarredo.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Cuña de radio (campaña febreiro-marzo 2023)

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión