Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

App cidadá multiplataforma

Enderezo:

on-line.

INFORMACIÓN XERAL

Operación: desenvolvemento de ferramenta TIC para participación e sensibilización da cidadanía en asuntos transcendentes da cidade, transparencia e administración electrónica (LA21)

Obxectivo temático: mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación (OT2)

Orzamento: 160.414,80 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: terminada

Prazo de execución: 18 meses

Contratista: Imatia Innovation SL

DESCRICIÓN

Para mellorar os servizos de información á cidadanía preténdese profundar no desenvolvemento de novos servizos, mellorar os existentes e integralos en distintas plataformas, entre as que destacan os dispositivos móbiles.

Con esta actuación desenvólvese o concepto de visión integral da cidadanía, cidadanía 360, que ofrecerá servizos personalizados segmentando a información en base ao seu perfil, preferencias, xeolocalización etc. Todo iso contribúe a mellorar a experiencia das persoas usuarias na súa relación coa Administración local e os servizos da cidade.

En termos xerais, os obxectivos que se queren alcanzar son os seguintes:

  • Portelo único para cidadanía e visitantes: os novos servizos deberán permitir unificar a atención, información e interacción coa cidadanía de maneira centralizada e permitirlle á persoa usuaria utilizar unha identidade única para todos os servizos da cidade, sen necesidade de facilitar a mesma información en varias ocasións.
  • Segmentación: definiranse diversos perfís que permitan destacar os servizos e a información que teñan maior probabilidade de ser de interese a cada grupo de persoas usuarias.
  • Personalización: deberase deseñar e implementar unha solución que lle permita á cidadanía ou visitantes a posibilidade de configurar o acceso a aqueles servizos que lles sexan de interese, a partir dos dispoñibles, así como as interaccións con estes.
  • Modularidade: débese implementar unha solución modular que incorpore funcionalidades paulatinamente a medida que estas estean dispoñibles. Ademais a dita modularidade deberá ter en conta que as novas funcionalidades puidesen estar desenvolvidas en diferentes tecnoloxías e por diversos integradores.
  • Interoperabilidade: a aplicación e as súas contornas de xestión deberanse integrar co resto de sistemas municipais.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión