Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Creación do Bosque de Breogán

Enderezo:

Feáns.

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Restauración de lugares de interese turístico, cultural e ambiental dos barrios da cidade (LA3)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 195.681,92 €

Financiamento FEDER: 80 %

Estado: Terminada

Prazo execución: 6 meses

Contratista: Xardinería Arce

DESCRICIÓN

O parque urbano "Bosque de Breogán" crearase entre a urbanización Breogán e o cemiterio de Feáns. A actuación afectaralle a unha superficie de máis de 27.100 metros cadrados, divididos en dúas zonas: unha de 14.600 e outra de 12.500 metros cadrados.

Prevese a creación de zonas para pasear, zonas de prados e observación, contornas boscosas e mesmo a dotación de equipamentos deportivos nalgún punto. Os carreiros sumarán en total case un quilómetro de percorrido, concretamente contémplase a creación de 912 metros de novos camiños, con pavimentos adecuados á contorna. Ademais, no acceso norte crearase unha plataforma de madeira que facilite o acceso ao novo bosque. O novo espazo contará cun maior número de árbores, xa que se expón repoboalo con varias especies como freixos, pradairo, bidueiros, acivros, cerdeiras, carballos, castiñeiros e faias.

Antes de crear os camiños, dotar de equipamentos e da repoboación, realizaranse traballos previos de adecuación, como o rozado e o coidado das especies vexetais actuais e a eliminación das especies invasoras, así como restos de madeira e podas de campañas anteriores. Eliminaranse tamén dous pequenos depósitos de auga, que actualmente están cubertos pola maleza.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión