Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Equipamento para realizar feiras e mercados

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Establecemento do mapa de espazos de feira especializadas da cidade e dotación dos mesmos (LA26)

Obxectivo temático: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza (OT9)

Orzamento: 299.330 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: rematada

Prazo de execución: 1,5 meses

DESCRICIÓN

O proxecto consiste na dinamización do mercado de proximidade mediante a creación dun mapa de espazos de feiras especializadas en cada barrio da cidade xunto co equipamento necesario para eles, facilitando os ciclos produtivos de proximidade ao deseñalos de maneira atractiva para as persoas consumidoras. Deste xeito refórzase o comercio de barrio en distintas localizacións da cidade, evitando desprazamentos innecesarios a outras zonas e mellorando o tecido económico e social de cada parte do municipio. Trátase, en esencia, de crear diversos espazos dedicados á venda de produtos en diferentes localizacións da cidade.

Para a execución deste proxecto formúlase a dotación de equipamento como carpas, casetas ou khaimas para cada tipo de mercado, baños portátiles etc. así como outros elementos necesarios. Os elementos para adquirir cubrirán todas as necesidades de cada mercado urbano. En cada espazo habilitaranse puntos de ancoraxe no pavimento se fosen necesarios, coas conexións de electricidade, auga e saneamento que fosen precisas.

Estes mercados e feiras localizaranse en áreas con oferta integral de comercio, onde nun curto radio de distancia se poida efectuar a compra periódica (semanal ou mensual) dunha familia media. A actividade ordinaria destas feiras deberase acompañar dunha programación complementaria a esa actividade, que a integre na comunidade da súa contorna, aumentando a calidade da oferta.

Este contrato componse de varios lotes e foi licitado dúas veces. Pódese acceder á plataforma de contratos no seguinte apartado "ligazóns de interese".

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Plataforma de contratos: licitación 1

Plataforma de contratos: licitación 2

Proxecto técnico

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión