Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
INFORMACIÓN XERAL
Operación: creación e posta en marcha de hortos urbanos polos distritos da cidade (LA4)
Obxectivo temático: preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)
Orzamento: 293.727,56 €
Financiamento FEDER: 80%
Estado: terminada
Prazo de execución: 6 meses
Contratista: Jardinería Arce SL
DESCRICIÓN
Proponse a implantación de hortas urbanas na área da Agra do Orzán. A parcela sitúase no parque Adolfo Suárez, máis concretamente no acceso a este desde a rotonda do Pavo Real na que conflúen a rolda de Outeiro, a terceira rolda e a rúa Manuel Murguía. Presenta ademais outro acceso desde a rolda de Outeiro e tamén pola rúa Pardiñas. Por esta última accédese a unha bolsa de estacionamento para as persoas usuarias que non se trasladen a pé. A parcela ten orientación noroeste - sueste con clara pendente descendente cara ao sueste.
Preténdese lograr unha implantación adaptada ao terreo, que saque o máximo proveito da pendente coa orientación que nos ofrece para conseguir un soleamento adecuado e a protección do vento do norte. Para iso, realizarase unha intervención mínima que reconfigura a súa xeometría. Son os muros de mampostería os que definen o conxunto da actuación, definindo os camiños, as plataformas e, estas, as hortas.
A parcela organízase mediante bancais que permiten a agrupación ou división de parcelas. Establécese unha superficie de parcela tipo de aproximadamente 28m². Cunha trama de 7x4 e camiños de 1,5m. Deste xeito obtemos 87 unidades, facilmente adaptables para persoas con mobilidade reducida mediante mesas de cultivo.
Respecto da súa infraestrutura, instalarase iluminación nos percorridos principais e tomas de auga por cada dúas parcelas, de modo que se permita a súa adecuación para regar por goteo.
A vexetación xoga un papel fundamental na intervención, a cal, xunto aos muros de pedra, permite unha gran diversidade biolóxica ao aloxar insectos e atraer paxaros e outra fauna útil. Isto reforzarase cun hotel de insectos que a maiores do seu propio uso presenta unha forte vontade didáctica.
Instalarase unha pila para lavado de calzado, ferramentas e verduras; unha composteira común, un xardín de plantas aromáticas e preverase o espazo para un posible invernadoiro para o seu uso como sementeiro colectivo.
Ademais, o presente proxecto contempla a instalación dunha edificación auxiliar para a relación veciñal, ademais de aloxar o material comunitario, os compartimentos para obxectos persoais e o aseo. A dita edificación desenvólvese nunha única planta, cunha superficie construída de 91,65m².
LIGAZÓNS DE INTERESE
18 de maio de 2024
El Ideal Gallego
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible