Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Mellora do segundo departamento do Cemiterio de Santo Amaro

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Restauración de lugares de interese turístico, cultural e ambiental dos barrios da cidade (LA3)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 125.227,51 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Terminada

Prazo execución: 6 meses

Contratista: BCNOR Gestión y Soluciones Avanzadas S.L.

DESCRICIÓN

O cemiterio de Santo Amaro inaugurouse no ano 1813, despois da prohibición por Lei no ano1812, dos enterros nas igrexas e na súa contorna. Desde fai más de douscentos anos, soterráronse nel personaxes ilustres da cidade ou falecidos nela. É un conxunto de grande interese artístico e patrimonial no que conviven panteóns e lápidas que reflicten os distintos estilos arquitectónicos: romanticismo, modernismo, art decó etc. Ao longo dos anos e debido ao crecemento da cidade da Coruña, fóronse sucedendo ampliacións no cemiterio, que deron lugar á súa actual configuración.

Desde 2012 está incluído na Association of Significant Cementeries in Europe e desde o 2013 forma parte da Ruta Europea de cemiterios, recoñecida pola Organización Mundial do Turismo.

Dada a magnitude do cemiterio, neste proxecto acometerase a reparación de cubertas, pavimentos e mellora de redes de servizos no segundo departamento, situado na zona central do cemiterio. A zona de actuación ten unha superficie aproximada de 980,00 m2, é de forma rectangular e está composta por 4 módulos de nichos e 4 corredores.

O obxectivo destas obras é mellorar as condicións de estanqueidade das cubertas dos módulos dos nichos, a mellora do firme e da recollida da auga de choiva mediante as pendentes no novo firme e a nova rede de saneamento. Tamén se pretende deixar a canalización para dar o servizo de electricidade e auga dos que carece neste momento na zona de actuación.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión