Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Modernización da iluminación en diferentes vías da cidade

Enderezo:

Ronda Outeiro.

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Mellora da eficiencia enerxética da iluminación na cidade da Coruña (LA17)

Obxectivo temático: favorecer o paso a unha economía con baixo nivel de emisión de carbono (OT4)

Orzamento: 320.254,08 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: terminada

Prazo de execución: 3 meses

Contratista: Equipos de Señalización y Control S.A.

DESCRICIÓN

A actuación consiste substituír 309 lámpadas obsoletas que existen en diferentes puntos da cidade por lámpadas LED de alta eficiencia e regulación remota punto a punto, cunha vida útil de 100.000 horas (aproximadamente 23 anos), co obxecto de:

  • Mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de iluminación pública, introducindo lámpadas de maior rendemento e con capacidade de regulación de ata un 100% da iluminación, reducindo a potencia de forma controlada nos períodos de menor actividade.
  • Reducir os custos de mantemento, coa instalación de lámpadas cunha vida útil de 23 anos aproximadamente, 5 veces superior á das lámpadas actuais.
  • Dotar as instalacións de iluminación dun sistema de control remoto punto a punto que permita a xestión operativa de forma centralizada, así como a análise do funcionamento do dito sistema, tanto operativa como enerxeticamente.
  • Adecuar as instalacións de iluminación á regulamentación vixente, tanto no ámbito da eficiencia enerxética como da seguridade industrial.

O ámbito das actuacións circunscríbese aos seguintes tramos viarios:

  • Avenida Gerardo Porto, na súa totalidade
  • Avenida Fernando Suárez García, tramo entre a avda. Gerardo Porto e o ascensor ao parque Monte San Pedro
  • Avenida Fisterra, tramo entre o lugar de San Xosé e a rolda de Outeiro
  • Avenida de Arteixo, tramo entre a estrada dos Baños de Arteixo e a rolda de Outeiro
  • Avenida Primo de Rivera, na súa totalidade avenida do Exército, tramo entre a Avenida Primo de Rivera e a zona de acceso ao túnel dos Castros

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión