Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Plataforma dixital para a información turística ao visitante

Enderezo:

on-line.

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Desenvolvemento de ferramentas TIC para a mobilidade específica de turistas e visitantes (A10)

Obxectivo temático: Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e a comunicación. (OT2)

Orzamento:

  • Lote 1: 151.976 €
  • Lote 2: 63.781,47 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Terminada

Prazo execución: 15 meses

Contratistas:

  • Lote 1: Xoia Software Development, S.L.
  • Lote 2: Imatia Innovation S.L.

DESCRICIÓN

O proxecto contempla o servizo de asistencia técnica para o desenvolvemento dunha plataforma de contidos dixitais para a información turística ao visitante, que se divide en dous lotes:

LOTE 1: Creación e desenvolvemento de contidos dixitais para visitas e rutas turísticas

  • O obxectivo deste contrato é o desenvolvemento dunha serie de contidos ou experiencias dixitais avanzadas para promocionar o valor turístico da cidade e dar a coñecer entre os visitantes os recursos turísticos existentes.
  • O desenvolvemento destes contidos permitirá favorecer a visita a algúns destes recursos turísticos que poden ser difíciles de visitar en persoa, xa sexa polas dificultades de accesibilidade, polos límites establecidos, ou porque non sexan aptos para persoas con mobilidade ou outras capacidades reducidas.
  • Así mesmo, preténdese incentivar a visita a estes recursos, facilitar a interpretación didáctica "in situ", mellorar a difusión e coñecemento internacional dos recursos turísticos ou históricos da cidade e introducir procesos creativos e innovadores na difusión e valoración do patrimonio local.
  • Estes contidos integraranse á súa vez nun proxecto máis amplo que permita favorecer a mobilidade dos turistas na cidade á hora de planificar as súas rutas ou visitar aqueles elementos do seu interese, contextualizando estes no seu momento histórico etc, así como a integración con sinalización turística intelixente.
  • Entre as técnicas ou medios a utilizar, os seguintes tipos: ilustracións de alta calidade como subcontido, fotografías ou vídeos 360 e rutas virtuais, time-lapses, mapas 2D ou 3D, documentación 3D, reconstrucións virtuais 3D interactivas,infografías de alta calidade e/ou interactivas, vídeo 3D, guías turísticos virtuais e/ou audioguías, realidade estendida (AR) etc. Así como distintos tipos de visores e/ou técnicas informáticas mediante o uso de tecnoloxías do tipo webGL/three.js/BabylonJS ou outras.
  • Contémplase o desenvolvemento de experiencias dixitais de diversa temática como a seguinte:
    • A evolución histórica da cidade
    • O Castro de Elviña
    • A Torre de Hércules
    • O Sistema defensivo da Cidade e Ría da Coruña ao longo da historia
    • O Castelo de San Antón
    • Feitos históricos destacados, como o ataque da Armada Inglesa de Drake-Norris, ou a Batalla de Elviña
    • A Cidade Vella
    • O Camiño de Santiago Inglés desde Coruña a Compostela ou Camiño do Faro
    • A Ruta dos Faros e outros sinais marítimos na Ría da Coruña
    • A Coruña Modernista

LOTE 2: Ferramenta dixital de planificación da viaxe e rutas

Un planificador turístico de viaxes é unha ferramenta que lle permite ao usuario confeccionar un plan completo, día a día, da súa viaxe á cidade da Coruña. Consta de tres partes:

  1. Ferramenta interna de administración: terá como elemento central unha ferramenta de administración que almacenará a información das rutas existentes
  2. Aplicación web de planificación da viaxe e rutas: un asistente virtual asesorará a persoas usuarias en función das súas intereres
  3. Aplicación móbil para seguir as rutas xeradas: guiará o usuario para que poida realizar a visita que configurase previamente co planificador web, e facilitará o acceso á información de interese durante eses días: medios de transporte, lugares próximos etc

A interface cara á cidadanía estará dispoñible, polo menos, en tres idiomas: español, galego e inglés.

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión