Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
INFORMACIÓN XERAL
Operación: Naturalización de espazos urbanos (A1)
Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)
Orzamento: 310.515,52 €
Financiamento FEDER: 80%
Estado: Termianda
Prazo execución: 6 meses
Contratista: Xardinería Arce S.L.
DESCRICIÓN
O xardín de San Carlos é un dos espazos verdes de maior importancia histórica da cidade, mais especialmente na Cidade Vella onde o número e a superficie de zonas verdes son reducidos.
Este xardín é moi visitado durante todo o ano, especialmente por turistas; o tipo de uso actual é variado, destacando rutas culturais guiadas, paseo e contemplación ou punto de encontro de poboación nova na contorna máis inmediato do arquivo municipal, concretamente nos bancos situados na entrada.
Na actualidade, o xardín acusa o paso do tempo e isto fai que se requiran unha serie de actuacións que melloren as composicións vexetais, o pavimento, os elementos de equipamento e as instalacións.
O proxecto inclúe a recuperación do trazado histórico do xardín, a mellora integral dos espazos axardinados e das especies que están en mal estado, a limpeza das árbores, unha oferta de información e divulgación técnico-científica, a adecuación de instalacións e firmes, a instalación de bancos individuais, a restauración das lanzas de Juan de Ciórraga e a instalación dunha escultura do creador do xardín, o brigadier Francisco Mazarredo.
LIGAZÓNS DE INTERESE
Cuña de radio (campaña febreiro-marzo 2023)
18 de maio de 2024
El Ideal Gallego
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible