Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Subministración, instalación e mellora do mobiliario ENIL Torre de Hércules

INFORMACIÓN XERAL

Operación: Recuperación, mellora e posta en valor de espazos naturais de interese local (LA2)

Obxectivo temático: Preservación e protección do medio ambiente e fomento da eficiencia dos recursos (OT6)

Orzamento: 209.298,36 €

Financiamento FEDER: 80%

Estado: Terminada

Prazo execución: 3 meses

Contratista: Iam Rumbo Instalacións e Obras S.L.

DESCRICIÓN

Prevese actuar sobre o mobiliario localizado no Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules, co obxecto de mellorar o uso sostible e gozo do espazo natural, en liña coas medidas expostas no seu Plan de Conservación. Estas actuacións contribuirán a mellorar as infraestruturas e dotacións existentes na actualidade, facéndoas máis accesibles, seguras, durables, sostibles e integradoras, incluíndo as seguintes tipoloxías:

  • Mantemento e/ou reparación do mobiliario presente, que inclúe actuacións como limpeza, substitución de pezas deterioradas, pulido e vernizado ou arranxo de fixacións e outros elementos deteriorados.
  • Eliminación e retirada de mobiliario
  • Reposición de mobiliario
  • Subministración e instalación de sinais interpretativos e de placas permanentes coa información sobre a actuación cofinanciada polo FEDER

LIGAZÓNS DE INTERESE

Solicitude Edi

Contratación

Proxecto técnico

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión