Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
INFORMACIÓN XERAL
Operación: recuperación de locais en desuso para mozos e mozas e colectivos informais (LA33)
Obxectivo temático: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza (OT9)
Orzamento: 450.102,03 €
Financiamento FEDER: 80%
Estado: terminada
Prazo de execución: 4 meses
Contratista: Jardinería Arce SL
DESCRICIÓN
O ámbito da actuación proxectada sitúase debaixo do viaduto da avenida de Alfonso Molina onde actualmente é zona de aparcadoiro. Coa execución das obras, instalarase neste espazo un parque de skate e unha pista deportiva, que incluirá unha pista de baloncesto con canastras e bancadas. Así mesmo, abordarase a reurbanización desta parte da praza José Toubes Pego, coa dotación dun novo paso de peóns e unha praza peonil.
A zona de actuación ten unha superficie de 1.504 m2. A pista de skate ocupará aproximadamente 400 m2, a cancha de baloncesto coas súas bancadas ocupará 361 m2, e a praza peonil 176 m2. A superficie restante corresponde a beirarrúas, zonas axardinadas, paso de peóns e ocupación dos piares do viaduto existente.
O trazado da pista de skate busca integrar a todos os usuarios e usuarias segundo a idade, modalidade e experiencia. Incluirá elementos innovadores para que unha persoa menos experimentada poida alcanzar unha evolución superando distintas etapas.
En canto á pista deportiva, deséñase unha pista de baloncesto con catro canastras e bancadas para o descanso e gozo das persoas usuarias.
Para unha mellor comunicación e accesibilidade da zona proxectada, dotarase dun novo paso de peóns na rúa Fernando Rey con rede semafórica e a mellora da contorna das pistas coa creación dunha praza peonil.
A execución das obras vén motivada, por unha banda, pola necesidade de dar resposta á demanda da poboación de espazos habilitados para a práctica de deportes urbanos, tales como skate, bmx, scooter, roller e baloncesto, resolvendo a dita demanda de tal forma que a práctica destes non supoña unha molestia para o resto da cidadanía e que, ademais, presente unhas características axeitadas dende o punto de vista de seguridade e idoneidade das estruturas tendo en conta que, ao estar situado debaixo dun viaduto, suporá o primeiro espazo cuberto na trama urbana para o desenvolvemento destes deportes.
Outra das necesidades que se queren satisfacer con esta actuación é a de dotar o centro xuvenil "O Remanso" dun punto de encontro e espazo no que desenvolver actividades deportivas como ferramenta de transformación social para o desenvolvemento integral das persoas, en especial, da mocidade.
LIGAZÓNS DE INTERESE
18 de maio de 2024
El Ideal Gallego
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible