Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Que é unha EDUSI?

Unha estratexia participativa

O propósito dunha "estratexia de cidade" é transformar a área urbana nun espazo de maior calidade urbana, equilibrado económica e socialmente, inclusivo e integrador, que respecte a diversidade, ambientalmente sustentable e con marcada igualdade en materia de xénero.

As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI) son o requisito previo para financiar actuacións e proxectos con fondos FEDER. O Estado español realizou 3 convocatorias desde o ano 2015 e resultaron beneficiarias destas axudas 173 entidades, cun total de 1.366 millóns €: 83 na primeira convocatoria, 40 na segunda e 50 na terceira.

Maioritariamente estas áreas funcionais foron administracións locais, principais puntos de apoio para facer realidade os obxectivos de crecemento intelixente, sustentable e integrador pola súa proximidade á cidadanía. O financiamento recibido adxudicouse en función da súa poboación:

  • Áreas funcionais de máis de 100.000 habitantes: máximo 15 millóns de euros
  • Áreas funcionais entre 50.000 e 100.000 habitantes: máximo 10 millóns de euros
  • Áreas funcionais entre 20.000 e 50.000 habitantes: máximo 5 millóns de euros

Eses obxectivos plásmanse nun documento estratéxico que debe recoller a situación da cidade (activos, problemas e retos), unha análise DAFO, o que define uns Obxectivos Estratéxicos (OE) e unhas Liñas de Actuación (LA) enmarcadas, forzosamente, nalgún dos seguintes catro Obxectivos Temáticos (OT):

Estas estratexias utilizan unha metodoloxía participativa. Nelas debeuse garantir, de forma transversal ao proceso, a implicación cidadá na súa elaboración e implementación, para que sexan partícipes os principais axentes económicos, sociais e institucionais do territorio.

DESCARGAS:

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión