Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
INFORMACIÓN XERAL
Operación: Recuperación de locais en desuso para mocidade e colectivos informais (LA33)
Obxectivo temático: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza (OT9)
Orzamento: 359.140,10 €
Financiamento FEDER: 80%
Estado: terminada
Prazo de execución: 8 meses
Contratista: Desarrolla Obras y Servicios S.L.
DESCRICIÓN
Trátase da reforma da antiga cafetería "O Remanso" situada na praza José Toubes Pego coa finalidade de centralizar as actividades cívicas e sociais que teñen lugar no barrio de Catro Camiños.
O proxecto de rehabilitación do pavillón pretende, en primeiro lugar, enriquecer a relación coa súa propia contorna. Actualmente o edificio posúe dúas entradas laterais sen ningún tipo de transición entre elementos. A reforma propón un cambio no seu funcionamento para poder xerar un vestíbulo aberto á pérgola de formigón preexistente.
A configuración simétrica do edificio é rotunda mais, ao carecer a súa contorna desta condición simétrica, enténdese necesaria unha nova configuración destes espazos exteriores. Por unha banda, preténdese introducir visualmente a vexetación dentro da sala, para o que se eliminan as zonas pavimentadas dos seus lados sur e oeste e onde a profundidade do parque o permite, proponse un pequeno lugar de estadía exterior, vencellado co parque e a propia sala e que, ao mesmo tempo, podería funcionar de acceso alternativo.
A outra prioridade a considerar é o tratamento da pérgola preexistente. Eliminarase a actual cuberta de vidro creando un novo recubrimento vexetal que dialogue co parque. Deste xeito, a pérgola pasará a ter un maior protagonismo no conxunto. Ante a necesidade de cubrir o espazo inmediatamente anterior ao vestíbulo do centro cívico, óptase por continuar coa mesma lóxica construtiva de amoreamento de elementos perpendicularmente e, por iso, cubrirase con pezas de vidro traslúcido de sección en "U" , da mesma dimensión que o propio intereixe das trabes de formigón.
Finalmente, readáptase o deseño do banco-xardineira da pérgola para que poida usarse como asento, tanto desde a zona de acceso ao centro cívico como na beirarrúa de agarda do servizo de autobuses urbanos. Para iso, execútase tamén unha lixeira estrutura metálica apoiada na estrutura de formigón, e cuberta coa mesmas pezas de vidro que na pérgola para xerar unha marquesiña aberta cara á fonte de Catro Camiños.
No interior do pavillón, a idea fundamental será acumular os espazos servidores no volume orixinal de menor altura, dotando o complexo de comunicacións verticais e servizos de aseo, limpeza, instalacións e almacenaxe, para así poder liberar espazo para as dúas salas multiusos dispostas en cada andar. A sala principal manterase de cristal para fomentar a sensación de pavillón de parque e transfórmase o actual oco de dobre altura nun lucernario que independiza as dúas salas e ilumínase de xeito natural a cabeceira da sala de sooto.
LIGAZÓNS DE INTERESE
18 de maio de 2024
El Ideal Gallego
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible