Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de febreiro de 2023

A Casa das Ciencias presenta a exposición «A través do James Webb»

Contén unha colección de imaxes obtidas polo Telescopio Espacial James Webb

A finais do ano pasado a revista Science escolleu ao Telescopio Espacial James Webb como o avance científico do 2022. Este proxecto, liderado pola NASA e coa colaboración das axencias espaciais europea e canadense, comezou a capturar o pasado verán espectaculares instantáneas de grande interese científico.

En comparación co seu predecesor, o Telescopio Espacial Hubble, o espello principal do James Webb, recuberto de ouro, ten sete veces máis superficie, o que lle permite detectar obxectos moito máis débiles e obter moita máis resolución nas imaxes. Ademais, dispón de instrumentos optimizados para captar a radiación infravermella que desprenden os obxectos do ceo. Desta maneira, pode escrutar moito máis lonxe e, por tanto, acceder a eventos máis remotos no tempo, como, por exemplo, o nacemento das primeiras estrelas e galaxias.

Agora, a Casa das Ciencias presenta na súa planta baixa unha colección de nove desas extraordinarias imaxes nas que se pode observar, por exemplo, o nacemento dunha estrela no centro dunha nube de gas e po con forma de reloxo de area; unha perspectiva de Xúpiter na que se aprecian as súas características franxas horizontais, os seus aneis ou os seus satélites; o bordo da nebulosa de Carina, que lembra unha paisaxe montañosa baixa o ceo nocturno; ou a galaxia do Abano, cunha extraordinaria definición dos seus brazos espirais.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión