Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

10 de abril de 2025

San Diego debate sobre o futuro do autobús urbano da Coruña nun novo encontro participativo

Os encontros retomaranse despois de Semana Santa, o xoves 24 de abril ás 18.00 horas no Centro Cívico de Monte Alto

O Centro Cívico de San Diego acolleu esta tarde un novo encontro participativo para debater sobre o futuro do autobús urbano da Coruña. Correspóndese co terceiro dos 11 encontros de barrio que o Goberno de Inés Rey pon en marcha no marco do estudo para a definición da nova rede de autobuses.

A sesión iniciouse coa presentación da alcaldesa, quen agradeceu ás persoas asistentes que se achegaran a participar e destacou o sector 7 como o de maior poboación: "É un dos máis grandes a nivel de extensión e con maior fluxo, pois vai dende o Marineda ate Monelos, San Diego e parte de Oza", destacou a rexedora.

A alcaldesa participou no encontro acompañada dos concelleiros José Manuel Lage e Noemí Díaz. En total, arredor dunha teintena de persoas participaron no encontro, que contou cunha presentación por parte do equipo técnico do estudo do transporte urbano e unha dinámica participativa na que as persoas asistentes puideron achegar propostas sobre frecuencias, liñas, accesibilidade, conexións intermodais ou cobertura territorial.

Peticións e suxerencias

O distrito 7 conta con aproximadamente 37.132 habitantes articúlase en 18 liñas de autobús urbano (1, 1A, 2, 2A, 4, 5, 12, 12A, 14, 17, 20, 21, 22, 23, 23A, 24, UDC) máis o BUH e cun total de 107 paradas. 

Durante o encontro, púxose de manifesto o interese polo proceso participativo, xa que o 56% eran do distrito 4. Ademais, o 80% das persoas asistentes declararon acudir a título persoal, fronte a un 20% que representaban entidades asociativas.

A enquisa tamén permitiu identificar cales son os aspectos máis valorados -e tamén os máis criticados- polos usuarios e usuarias do transporte urbano da Coruña. Como nos anteriores encontros, os prezos foron o elemento mellor valorado, cunha media de 8,7 puntos. Con todo, respecto ao resto de encontros, case todas os aspectos foron puntuados por enriba de 5: accesibilidade (5,2), liñas e paradas (5,6), marquesiñas (5,8) e a frecuencia dos servizos (5.0). A intermodalidade foi o aspecto peor valorado (3,8), así como o único que non acadou a metade da escala.

Neste sentido, a cidadanía identificou como ámbitos prioritarios de mellora a frecuencia e tempo de espera dos autobuses, seleccionada por un 29% das persoas participantes, seguida da intermodalidade con outros medios de transporte (21%) e a accesibilidade (10%). 

Próximos encontros

O vindeiro xoves 24 de abril, ás 18.00 horas, terá lugar o seguinte dos encontros. O cuarto dos 11 programados polo Concello ate o mes de xuño, co obxectivo de recoller unha ampla representación das voces da Coruña. O calendario previsto é este:

  • 24 de abril: Centro Cívico de Monte Alto
  • 6 de maio: Centro Cívico de Monelos
  • 20 de maio: Centro Cívico do Birloque
  • 29 de maio: Centro Cívico dos Rosales
  • 5 de xuño: Fórum Metropolitano
  • 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís
  • 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña
  • 14 de xuño: Circo de Artesáns

As persoas interesadas en participar nalgún ou nalgúns dos once Encontros de Barrio programados ata mediados de xuño xa poden formalizar a súa inscrición a través desta ligazón. Ademais, toda a información sobre o proceso participativo estará dispoñible nesta web específica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible